A Porta do Camiño

Recta final das etapas de montaña nas provincias de Ourense e Lugo cunha mitolóxica xornada en O Cebreiro. Agárdanse precipitacións de chuvia e neve, con vento moderado, ademáis das temperaturas típicas na zona nesta época do ano. Ainda que semella todo o peixe vendido, nunca é así ata a chegada a meta en Cuntis, polo que haberá que estar atento o desenvolvemento dos acontecementos.

As apostas en temperatura máxima están moi axustadas e van dende os 4 ata os 6º C. cun pico de 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 4º C. As precipitacións son máis que probables, con valores dende 2 ata os 21 litros, cun pico de 35 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 7 ata os 77 km/h.

Mínima amplitude nos parámetros de predicción de temperatura e grande para vento e chuvia, polo que estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co desafío de coronar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. A Liga ainda está viva no Cebreiro!!

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *