Neve no Cebreiro

Novo episodio intenso de inverno nesta 19ª etapa da Liga da Inverneira. O escenario, O Cebreiro, porto mítico en eltiempoentuojete estivo á altura do agardado, con chuvia, neve, baixas temperaturas e vento medio-forte e a emoción de atopar un gañador no concello de Pedrafita. Os datos deixaron un gañador sen dúbida pero os movimentos na xeral, sobre todo no Top-10 foron escasos, salvo nos casos de desaparición que xa vivimos na etapa de O Courel.

A temperatura mínima chegou na noitiña ata os -1º C., un pouco por baixo das prediccións da maioría. Na hora do vermú acadóuse a máxima diaria con 5º C., na media da maioría dos pronósticos. Os 7 litros de chuvia sí que estiveron por baixo da media do agardado e o vento marcou un refacho máximo de 63 km/h., este sí correcto con respecto a moitas das apostas.

Por 3ª vez nesta edición Michi acada a vitoria, nesta ocasión en soidade con 57 puntos. Somentes perdeu 1 punto por parámetro, situándose moi por diante dos seus competidores en O Cebreiro. Dende o posto 15 ascende ata o 10º posto, é, ainda que a clasificación non o reflicta, por diante de Verducido, cos mesmos puntos pero con menos vitorias. Despois de acadar o Top-10, cal será o seu próximo desafío?

55 puntos ó unísono para Sarabia e Compoñente Sur. Con apostas moi similares ambos conseguen un pulo moi importante de cara a este final de Liga. Sarabia chimpa dende o 9º posto ata o 5º, cunha traxectoria formidable nas derradeiras xornadas. Compoñente Sur pasa do 17º ata o 13º, xa no grupo que compite polo Top-10 cunha marxe de puntos escasa. Grandes premios para unha excelente xornada!!

E con 53 puntos, atopamos a Rasta, líder da xornada durante gran parte do día e que sube un par de postos ata o Top-20. Botikas non puido recuperar demasiado fronte a lideresa, recortando un só punto pero invertindo o resultado das derradeiras xornada. Cachola ben alta para os dous!!

E ata 4 meteoludópatas comparten unha puntuación de 52 puntos. A lideresa Magor non da marxe de erro ós persecutores e mantén 16 puntos de vantaxe sobre o seu máis próximo enimigo. Verducido achégase o Top-10 perdido en O Courel, mentras Beocha sube unha posición ata a 6ª praza, preto do Top-5 dilapidado tamén no Courel. Mina sube ata a 4ª posición e ha de preparar o asalto ó podio. Hai que loitar ata o final!!

Estas foron as nove mellores puntuacións na 19ª etapa desputada en O Cebreiro. Coma destacados perdedores podemos nomear a Julio, que no puntuou nada na chuvia e pasa do 4º ó 8º posto e a Landrán, que perde condición de Top-10, pasando dende o o 6º posto ata o 14º. Deberán remontar para restaurar a súa autoestima. Nas posicións dianteiras o combate é pechado, con movimentos interesantes de nov@s aspirantes ós postos de honra. Isto non rematou, nin moito menos!! Para acadar tódolos datos xurdidos desta etapa pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *