Lección de xeografía

Esta semana os resultados amosaron as diferenzas entre aqueles que atoparon o lugar, ou que o buscaron ben, e os que xogaron por riba ou por baixo da cota da estación. Temperaturas moi baixas reflectiron aposta no cumio da montaña, mentres que as moi altas semella que apostaron polo val, 1500 metros por baixo. Somentes a metade dos participantes escolleron a cota válida e superaron os 50 puntos. Recordamos que na páxina propia da etapa podes atopar as coordenadas exactas da situación da estación meteorolóxica. En Perú, buscar por un nome non sempre é sinónimo de acerto.

A temperatura mínima baixou na madrugada ata o 1º C., un valor que marcaron algúns d@s apostantes. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 6º C., non agardada por ninguén agás o propio gañador. A presencia da chuvia foi de 2 litros e o vento marcou un refacho máximo de 1.7 m/s, 6 km/h. miserentos para estas altitudes.

Kaltxon foi o mellor con estes datos, sumando 54 puntos e entrando coma xabarín na devesa entre os 10 mellores ata o 7º posto. E iso despois de deixar 5 puntos no vento, ainda que a súa pericia no resto de parámetros foi de categoría excelsa. Como xa falamos, entra no Top-10 e semella tentará pechar ocos cos 5 primeiros, bastante destacad@s.

Ata 7 persoaxes acadaron os 53 puntos en Huaytapallana. Entre eles, 5 dos 6 primeiros da táboa xeral. Verducido, Beocha, Landrán, Botikas e Breogán77. Tod@s manteñen a posición agás Breogán77 que trepa dende o 9º posto ata o 6º,buscando o erro do Top-5. Ademáis, atopamos a Popolo e Lume, que suben 2 postos ata o 13º e 16º lugar respectivamente.

Julio e Rasdgar completan as 10 mellores puntuación en Huaytapallana con 52 puntos. Julio perde a 3ª praza, que vai para Landrán en soidade e Rasdgar mantén a posición ainda que máis preto dos predecesores.

Estes foron os 10 mellores resultados recollidos en Huaytapallana. Para acadar tódolos datos recollidos na 6ª etapa pica no enlace baixo este texto.

Saúde e clima!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *