Huaytapallana representa a 6ª xornada da XI Liga de Primaveira no Perú. 1ª das 4 derradeiras xornadas que definirán un campión e as posicións xerais de tódol@s competidores. Situámonos de novo por riba dos 4600 metros de altitude para a desputa dunha xornada que, coma as restantes, vai ter moita importancia no desenvolvemento final da competición. Coas marxes tan axustadas que se manexan, cada punto é un paso cara o éxito.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os -1 ata os 16º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -10 e os 5º C., moi amplas tamén. Semella que hai quen apostou no cumio, a máis de 5500 metros, e quen o fixo no val, por baixo dos 4000. No termo medio está a estación. As precipitacións móvense nun rango tamén de amplitude de entre 0 e 5 litros, cunha aposta á alza con 12 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 1 ata os 35 km/h.
O resultado, a partires da amplitude observada en tódolos parámetros de aposta, semella compricado de predicir e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, xa no noso luns ó amencer, para obter un resultado definitivo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da mañanciña do domingo, debido ás diferencias horarias co país andino. Para atopar os datos actualizados, busca no mapa (despois de descartar as estacións convencionais e deixar só as automáticas) Huaytapallana, ó norte da cidade de Huancayo e o sur de Junín, na área centro-sur do país.
As apostas:

