1ª xornada

Chakothi

Entorno

A etapa inaugural do XI Torneo de Vran en Cachemira fai primeira parada e fonda en Chakothi, fronteiriza con India. Terreo desputado entre os dous paises, será tamén campo de batalla de eltiempoentuojete.

Chakothi é unha aldea na fronteira entre Paquistán e a India, no distrito Hattian Bala de Azad Cachemira. Atópase a 52 quilómetros de Muzaffarabad, preto da Liña de Control a beiras do río Jhelum.

O consello de distrito de Hattian Bala ten 12 consellos de unión, un comité municipal en Hattian, e un comité de cidade en Chikar. O departamento de desenvolvemento rural ten tres centros: Hattian, Leepa, e Chikar.

Localización

Datos da estación

A Estación Chakothi está ubicada a 34.12 de latitude e 73.88 de lonxitude e a unha altitude de 1921 metros. Situada, daquela, na provincia de Azad Cachemira, Pakistán.

Esta xornada vaise desputar o Domingo 6 de Xullo. O prazo de entrega de apostas remata o Venres 4 ás 24:00 horas

O premio consiste nunha caixa de cervexa