A medio torneo

As dúbidas do troco de dirección pode que fosen determinantes para algúns participantes, pero en igualdade de condicións, os resultados xa son inamovibles. Rematada a etapa en Ghalanai, temos por diante unha nova rolda, a terceira, que nos achega máis ainda á resposta final da Ojete’s Cup en Pakistán neste 2025.

A temperatura mínima acadou na madrugada os 23º C. Pola tarde acadóuse a máxima diaria con 32º C. A presencia da chuvia, inexistente na madrugada, trocou nas primeiras horas da mañanciña, onde se formaronn a treboadas e ocurriu o inesperado. 15 litros en apenas 2 horas que modificaban totalmente os marcadores dos emparellamentos. O vento marcou un refacho máximo miserento de 9.3 nós, 17 km/h.

A vitoria foi para Compoñente Sur, que daba a sorpresa vencendo de longo a un dos favoritos ó título. Verducido, que defendía o trofeo rendéuse ante a diferenza de 9 puntos. Compoñente Sur mostrou precisión nas temperaturas, foi dos mellores na auga e somentes perdeu un punto no refacho para un total de 50 puntos, vitoria e o acceso a semifinais.

Julio é outro dos que acadan praza na penúltima rolda dos invictos ó gañar desafogadamente a Marius por 45 puntos a 41. Mellorou tódolos parámetros para seguir cunha gran racha nesta a súa mellor tempada.

Máis axustado foi o resultado que deu o pase a Kaltxon, que con 42 puntos derrotou a outra favorita, Beocha, que rematou, 2 puntos por baixo con 40 puntos. Tamén neste enfrontamento foi decisivo o parámetro da chuvia.

Onde non foi tan decisivo foi na vitoria de Botikas por un só punto ante Bar Pequeno, que de novo estivo a piques de deixar en evidencia ó cacheira de serie número 1. 40 puntos a 39, o menor marcador conxunto da xornada. Pero pode respirar Botikas, outro nas semifinais.

Pola cara B do cadro, Breogán77 superou a Rasta con solvencia e suspira aliviado ó conseguir unha vitoria a falta de 2 xornadas, a que terá que buscar Rasta e sobrepoñerse a 2 derrotas.

Tamén sorriso na faciana de Denodeno despois de superar a Víbora no desempate por refacho. Similares diferenzas nas temperaturas, mesma cantidade de auga e o refacho que decide cara Denodeno, que busca a final B.

Tamén con rexistros similares venceu Sarabia, con 46 puntos, a Xowi con 45 puntos, que deberá buscar a sorte nas etapas que restan, mentras Sarabia camiña cara a final de consolación.

Popolo con 47 puntos non tivo problemas para sumar a vitoria ante Landrán, ó que lle meteu 9 puntos polo medio, gran parte na pluviosidade e tamén nas temperaturas. Moi forte para Landrán.

Polo tanto, semifinais entre Botikas-Julio e Compoñente Sur-Kaltxon. Na busca do 5º posto, Bar Pequeno-Marius e Verducido-Beocha. Na procura da final B, Breogán77-Denodeno e Sarabia-Popolo. Ainda na caza dunha vitoria, Víbora-Rasta e Xowi-Landrán.

Este foi un pequeno desglose da 2ª rolda de competición na Ojete’s Cup 2025. Para atopar tódalas referencias do acontecido en Ghalanai, preme no botón de enlace ós resultados, onde tamén atoparás o seguinte cadro de competición, cos enfrontamentos de 3ª rolda.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *