Fin de ciclo outonal

A etapa número 10 desputada en A Gándara, no concello de Vimianzo marca o fin das etapas de costa e da inicio as etapas de montaña, case todas nas provincias de Lugo e Ourense. Troco de pau, de copas a espadas para ver se os ata o de agora dominantes da liga tamén están á altura nos cumios do país. Esta décima xornada deixou de todo, dende unha amplitude térmica de somentes un grado, pasando pola chuvia de carácter medio e rematando cun refacho por riba de calqueira predicción. O gañador decidíuse no derradeiro dato ofertado por Meteogalicia, polo que a emoción estivo presente en A Gándara.

Tanto a temperatura mínima coma a máxima acadáronse na madrugada con 11 e 12º C. respectivamente, cunha máxima cativa para estar a estación preto da costa. A presencia da chuvia era ineludible, e a razón levárona varios xogadores entre os que se encontran os dous primeiros da xeral. O final, 9 litros. O vento marcou un refacho máximo de moita consideración, por riba do máximo apostado con 79 km/h.

E manexando estes datos, o mellor foi Rasdgar con 54 puntos, que precisou do desconto para levar a vitoria en soidade. Deixou tres puntos na chuvia, pero os outros parámetros rozaron a perfección en cadanseu campo. Colócase a tiro de pedra do Top-10 e abrindo unha gran diferencia co tren que ven detrás. Recupera moito do perdido en Lira e semella volver ó rego.

53 puntos para os cacheiras de serie da xeral, Kaltxon e Landrán, cunha aposta moi semellante. Manteñen posicións e mesmo aumentan a vantaxe unha semana máis. Veremos se o cambio de altitude mantén a racha ou os lobos persecutores reducen distancias.

Temos que baixar ata os 51 puntos para atopar a Julio, que mantén o podio e colle distancia por tras e perde por diante, Xowi, que despois de 2 etapas nefastas volve coller folgos e mantén a 10ª praza, e Enrico Ferni, que parece que lle colleu o truco ó xogo, após dunha vitoria e unha 3ª mellor puntuación en A Gándara.

E ata 6 contendentes comparten os 49 puntos, varios entre o Top-10. Beocha segue na 4ª praza, agardando o faio dos ocupantes do podio, que non se produce. A seguir dela, Botikas, que semella non colle o ritmo da chuvia nesta edición. O mesmo podemos dicir de Verducido, na 7ª. Por tras, Rasta, nunha das súas mellores tempadas pero moi irregular nas derradeiras. Outros que non atopan regularidade son Víbora e Michi, na 19ª e 20ª posición respetivamente.

Estes foron os 12 competidores protagonistas desta etapa fascinante de A Gándara. Para acadar tódolos datos recollidos na décimaetapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *