Chega o tempo da neve ás zonas de montaña do país e en eltiempoentuojete temos ocasión de estar alerta ó que aconteza nesta 14ª xornada da Liga da Inverneira. Esta é a etapa que fai de gozo na metade do viaxe a través da xeografía galega na busca do mellor meteorólogo amateur do ano. A Serra do Eixo ten parada e fonda obrigatoria para a tropa de meteoludópatas na procura de quentura. Benvid@s a unha das 3 estacións meteorolóxicas do concello de A Veiga.
As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 0 ata os 11º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e os 8º C., estas de novo con oscilacións medias, máis esa aposta polo quente. A precipitación é un moi parámetro discutido, con valores dende os 0 ata os 16, con marxe para a xeral. Mentras. os refachos de vento van dende os 14 ata os 80 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto con apostantes botando o resto, coma Modesto.
Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:



