O dito. Xornada de transición nunha ubicación que noutros anos habería de ser crucial para o desenrolo da Liga. Poucas diferenzas tanto na etapa coma na xeral, ainda que pequenas non deixan de ser importantes para o resultado final. Todo traballou como era de agardar, agás na temperatura mínima, onde se rexistrou o dato que tumbou a maioría de apostas, por baixo de 0º. As previsións foron de baixa temperatura, pero Fontecada superou as expectativas nun lugar onde non é doado acadar esa friaxe.
A temperatura mínima acadóuse no abrente do día con -1º C., e xa preto do redondeo para os -2. A máxima subiría ata os 12º, con dificultade, xa pasado o almorzo, dando a razón á maioría de apostantes. A presenza da chuvia era puco probable e quedou nos 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 49 km/h., na media do que apostaba a elite da xeral.
Despóis dos cálculos atopamos coma vencedores a Botikas e Verducido con 56 puntos. Os máximos trunfadores da Liga da Inverneira semella que van volver quedar sen o trofeo. Teñen unha loita interna onde Verducido fóise achegando pero sen coller o 3º posto dun Botikas que vive a mesma situación con Beocha pola 2ª praza. Esta semana restóulle un punto máis, quedando a 3 do segundo chanzo da xeral. Veremos que acontece nas 3 xornadas que restan para o remate.
Entre os 5 participantes que acadaron 55 puntos atopamos a Beocha na 2ª praza que restou un punto co líder e perdeu outro cos seus persecutores. Semella improbable coller a Kaltxon e terá que defender a súa praza de podio, polo que loita Julio para revertir a situación que o sacou desa praza destacada. A 5 puntos de Verducido e a 8 do podio que posee Botikas, non se agarda que desista e tentará collelos antes do final. Ainda que ten un inimigo por tras en Marius, cunha traxectoria impresionante nesta segunda parte da Liga e que busca recoñecemento cunha mellor praza na xeral. Rasdgar segue a pelexar por entrar no Top-10 dende a posición 11, que ten a 6 puntos e con marxe de mellora. Víbora semella que perdeu as esperanzas dese Top pero continúa traballando para ascender do posto 18 que de seguro non o convence.
Con 54 puntos atopamos algúns involucrados entre os 20 mellores na procura de ascenso. Cris, Breogán77 e Popolo forman parte deles, sen esquecer a Lume que ten que defender a derradeira praza do Top-10. Kaltxon non faltou a súa cita neste resumo e camiña desafogado cara o seu primeiro título da Inverneira. Enrico Ferni segue a reivindicar a súa valía e buscará unha nova vitoria para aumentar a súa bagaxe nesta súa primeira comparecencia.
Estes foron os 13 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, no lugar de Fontecada. Para acadar tódolos datos recollidos na 24ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

