XII Liga de Primaveira en Okinawa

eltiempoentuojete comprácese en apresentar a 12ª edición da Liga de Primaveira. Após de buscar no atlas, decidimos volver a Xapón, onde xa fixemos unha edición desta competición, fai 9 anos disto. Desta vez viaxamos o sur máis profundo do país nipón, xa preto de Taiwán, onde tamén xogamos. Okinawa é o destino definitivo nesta viaxe por abril, maio e xuño do 2016.

A edición 2026 consta de 10 xornadas ó longo da xeografía de Okinawa e as súas máis de 160 illas, con inicio en Ibaruma e final en Tokashiki, na illa principal de Okinawa.

O inicio da competición está datado para o 19 de abril e o remate será o 21 de xuño.

O noso provedor de datos vai ser mesmo  da primeira vez, o servizo xaponés de meteoroloxía, JMA (Japan Meteorological Agency). Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións de JMA actualizan os datos cada 10 minutos, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

Os enlaces configuráronse en inglés, pero a web adoita ensinarse en xaponés. Ainda que hai formas máis compricadas, o mellor é solicitar a traducción a Google.

Os datos de temperatura e refacho colleranse das táboas diarias. Os de precipitación serán tomadas da gráfica horaria.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 2 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas. Ou sexa, podes chegar tarde duas veces, nas 2 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Despóis da 2ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina principal do blog. (na dereita nos PC’s e embaixo nos teléfonos)