Nakasuji fai a 6ª etapa desta Liga de Primaveira en 2026. Primeira da segunda parte desta Liga onde xa podemos ver diferenzas sinalables. E non semella que iso vaia cambiar moito este domingo, pois as previsións son de seca, con temperaturas altas e ventos medios. Iso mesmo predican as apostas, con diferenzas pouco reseñables entre os competidores.
As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 25 ata os 32º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 25 e os 27º C., estas con 3 apostas curiosas en comparanza, con 18 e 19º C.. A precipitación é un parámetro con maioría de seca, máis tres valentes con valores apostados entre 1 e 2 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 25 ata os 46 km/h., sendo un parámetro moito máis aberto e cunha aposta tamén curiosa de 6 km/h. Semella que alguén colleu o autobús errado.
Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 20:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 20:30 da tarde do sábado, o levar JMA 6 horas (aprox.) de adianto no aporte de datos con respecto ó noso horario.
Seguimento da xornada
Ainda que o enlace programóuse en inglés, a web de JMA recíbenos en xaponés. Pódese traducir diretamente co traductor de Google, o que da o aceso á táboa de temperaturas e vento, e tedes que dirixirvos a “Graph” para coñecer a cantidade de chuvia recollida (aconsello o intervalo de 1 hora). Dicir tamén que non traballa a gráfica en tódolos dispositivos, polo que imos dar un itinerario para poder velo nun PC, que adoita ir mellor.
O ingresar polo enlace na web de JMA, en xaponés, seguide estes pasos:
1- Picade no logo da axencia, na parte superior esquerda da pantalla.
2- Pica en “ENGLISH” no centro superior.
3- Pica no círculo que pon “Weather” no menú central da páxina.
4- Fai scroll ata a táboa “Observation table“. Pica baixo a táboa, á dereita en “Extra detail“.
5- Aparece un mapa cun botón onde pon “Table“.
6- No menú superior pica en “Select prefecture” e marca, para esta etapa, “Miyakojima” na prefectura de Okinawa.
7- Na táboa seguinte escolle a etapa desta semana, nesta ocasión, “Nakasuji“. Eiquí móstranse os datos de temperatura e vento. Para acadar os de chuvia, pica en “Graph” e escolle “Precipitation (10 min. ou 1 hour)” e suma os datos que se amosan. Os datos dezminutais adotan ser tamén máis precisos.
Os datos de precipitación son inamovibles, pero os de temperatura e refacho son medias horarias, polo que poden ser susceptibles de troco no final do día, onde se ofrece unha táboa diarias cos resultados finais destes 2 parámetros. Por conseguinte, a temperatura máxima pode ser superior e a mínima, inferior. Do mesmo xeito, o refacho será un número definitivo superior ó amosado na media.
As apostas:



