A etapa de Nakasuji, a 6ª da xeira en Okinawa, semellaba de transición vendo os resultados globais dos participantes, con 4 gañadores moi preto do pleno e puntuacións de altísimo nivel entre os compoñentes de eltiempoentuojete. Pero indo máis polo miúdo observamos pequenos trocos importantes na xeral que poden ser de gran valor cara o final da competición. Ainda que a chuvia torrencial inesperada pode mudalo todo nun só domingo.
A temperatura mínima acadóuse na madrugada e foi moi alta, con 73º C. A máxima chegou ata os 31º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e o final foron 0 litros ata o final do día. O vento marcou un refacho máximo de 31 km/h., na media do que apostaba a maioría da xeral.
Destas contas sacamos a 4 vencedores, que tamén poderíamos chamar acosadores da lideresa Magor. Total de 59 puntos, con Kaltxon e Beocha perdendo un punto nas temperaturas e Verducido e Enrico Ferni deixándoo no refacho. Moita calidade nesta xornada e estes 4 competidores son a punta de lanza. Beocha segue no 2º posto seguido de preto por Kaltxon e Verducido nesta orde. Reducen bastante a anterior renda abismal co liderato e fan tremer as pernas de Magor. Enrico Ferni únese á festa e dende o 8º posto ameaza con dar unha puñalada trapeira nas 4 xornadas que restan.
Lume e Botikas sumaron 58 puntos e manteñen o Top-10 da xeral, sen perder comba co grupo dianteiro. Ainda que os 10 mellores non perdoaron nesta etapa non sendo Víbora e Landrán.
Rasta e Breogán77, involucrados na loita polo título, acadaron 57 puntos e apuntan alto dende o 5º e 6º lugar respectivamente. Sempre se lles ve moi activos nos límites estivais.
Estas foron as 8 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Nakasuji. Para acadar tódolos datos recollidos na 6ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

