Seica volve a chuvia na 7ª etapa da Liga da Inverneira, localizada en Cequeliños, terra de lamprea. Teremos que ver se a lamprea ten a suficiente auga coma para sobrevivir e do mesmo xeito os competidores, cunha grande variedade de apostas neste parámetros se desenvolven o domingo para poder mellorar na clasificación. As temperaturas e o vento serán tamén importantes para esclarecer un gañador e os conseguintes trocos na xeral.
As apostas en temperatura máxima están bastante abertas, indo dende os 17 ata os 23º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 7 e os 14º C., unha oscilación tamén aberta. A precipitación é un parámetro sen incógnita, con valores nos casilleiros con valor entre 0 e 5 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 18 ata os 51 km/h., sendo o parámetro máis aberto.
Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas de carácter medio en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do lunes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas e media de retraso no aporte de datos con respecto ó horario de Galicia.
As apostas:



