Reagrupamento

A chuvia non fixo acto de presenza nasta 7ª etapa da Liga da Inverneira desputada este domingo en Cequeliños, no concello de Arbo, pero tanto as temperaturas coma o vento fixeron das súas. Un ambiente morniño deixou temperaturas altas para o mes de novembro, descolocando a máis de un e o vento subiu considerablemente na derradeira parte do día para trocar a clasificación tanto da etapa coma da xeral.

As temperaturas tiveron bastante amplitude, cunha máxima de 21º C. e unha mínima de 13º C. A presenza da chuvia era de probabilidade alta ainda que con pouca cantidade, pero o final do día o pluviómetro amosou un total de 0 litros. O vento marcou un refacho máximo de 31 km/h., acadado no remate da xornada.

Os dous vencedores, con 56 puntos, son repetidores nesta edición. Enrico Ferni volve vencer e xa son 3 os trunfos. De non ser pola penalización sufrida estaría coma destacado líder da xeral. Queda na 2ª posición a 2 puntos do ainda líder Botikas. Xowi suma a segunda vitoria na Liga e estiba na 4ª praza, a 1 chanzo do podio e con moi bos resultados nas derradeiras xornadas.

Numeroso o grupo coa segunda mellor marca da xornada, 55 puntos. Rasdgar sitúase ó pé do Top-10 despóis desta xornada e moi preto dos seus predecesores. Víbora e Angelramunsiiño comparten puntuación en Cequeliños e tamén na xeral, na que ocupan o posto 15º. Julio tamén puntuou alto, ainda que perde a segunda praza ante o gañador Enrico Ferni. Mantén a praza de podio na 3ª posición. Lume entra no Top-10 no 8º lugar despóis dunhas boas xornadas.

E dous competidores con 54 puntos. Marius, con esta marca, vai trepando paseniño e nesta semana ocupa o posto 15 na xeral. Kalandrakas é , neste momento, a gran sorpresa da xeral. Con esta puntuación navega nun 5º posto despóis de 7 xornadas, cun salto de calidade moi apreciable. Veremos se continúa nesta racha.

Estas son as 9 posicións principais na clasificación desta semana en Cequeliños. Para acadar tódolos datos recollidos na 7ª e secaetapa da XIII Liga da Inverneira, pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *