Seica remataron eses anos onde o vran extendíase ata outubro, con sol e altas temperaturas. A xornada de A Armenteira segue esa norma ancestral de manter o outono no seu lugar. Leva en torno os 200 litros recollidos nos derradeiros días e refachos máis alá de moderados.
Polo que a nós respecta temos diante unha xornada de chuvia (xa veremos cánto) por mor do tren de borrascas que ainda está activo. Nas apostas atopamos moitos puntos en común e algunha diverxencia. As máximas quedan entre os 13 e os 16º C., onde as mínimas andan máis espalladas, entre 7 e 11º C. A maioría das apostas de pluviosidade están na cama feita dende os 0 e os 7 litros, ainda que duas apostas chegan ata os 12 litros e outra acada os 30 litros. O refacho máximo de vento está confinado entre os 6 e os 48 km/h.
Os dous tardosos quedan indultados ó chegar antes da 01:00 horas, pero avisamos que isto vai rematar na sexta xornada, a partir da cal calqueira aposta feita por riba das 24:00 horas do venres será penalizada con dez puntos.
Podes seguir a xornada ao vivo dende eiquí, a partires das 03:00 aproximadamente.