Petando na Muralla

Muralla segue a ser unha etapa compricada. Ten fama de de ser un monte chuvioso e este ano demostróuno recollendo máis litros dos propostos pola tribu de eltiempoentuojete. Vento medio e temperaturas baixas fixeron o resto. Somentes un grupo de élite acadou a marca dos 50 puntos.

E alí é onde aparece o segundón, metendo o medo no corpo o grupo dos principais. Golpe de man no que acada o liderato e unha pequena renta cos seus inmediatos persecutores. Tamén segue a avanzar no cadro de honra de vitorias históricas, no que por riba, achegase ó podio. Ademáis temos o ingreso no Top-10 do novato do ano, demostrando que ten moito potencial. Xa veremos, pero noraboa de momento. Todo a costa do baixón de varios meteoludópatas que cairon dese top, ainda que están a tiro de croio.

Se queres investigar nos datos que nos ofreceu a xornada de Muralla, preme no botón embaixo estas liñas.

Saudos e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *