Asedio á Muralla

Muralla é o destino da 8ª xornada da Liga da Inverneira de eltiempoentuojete. E semella que se vai desputar entre borrascas, cun tempo moi inestable e compricado de predicir. A cola dunha tormenta e a entrada de aire frío van aparentar duas xornadas distintas.

Máximas dende 13 ata 5º C e mínimas entre 11 e 0º C. No eido da chuvia atopamos apostas dende 2 ata 10 litros e refachos de vento dende 28 ata os 69 km/h. Desta maneira temos unha xornada moi apertada, con prediccións moi parellas e que podes seguir en direto dende este enlace ao vivo.

Sorte a tod@s!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *