Entorno
Punta Gorda é a guinda do pastel que representa a Ojete’s Cup. Neste lugar do sur de Belice coñeceremos ó líder final da competición un-contra-un de eltiempoentuojete, e da mesma maneira, a posición final de cada un/ha d@s competidores en Belice.
No sur de Belice, preto de Punta Gorda, podes atopar bosques tropicais, ríos, o arrecife de coral do mar Caribe (a 55 kms. de terra), montañas con vistas panorámicas e varias vilas mayas. Conta con moitas atraccións naturais coma fervenzas e covas, ademáis de fauna autóctona e grande variedade de plantas. As ruinas mayas están cubertas pola selva e moitas están sen descubrir.
Localización
Datos da estación
A Estación Punta Gordaestá ubicada a 16,10º de latitude e -88,81º de lonxitude e a unha altitude de 14 metros. Situada, daquela, no distrito de Toledo, foi dada de alta en 2016.