Chegamos á 3ª etapa da XII Liga da Inverneira e tocamos por primeira vez a provincia de Pontevedra, no sur da costa atlántica. Castro Vicaludo está no concello de Oia e tamén é un referente dos refachos, desta vez no sur do país. Pero semella que imos ter un tempo solleiro, carencia de precipitacións e, iso sí, unha baixada de temperaturas mínimas como para dicir que o outono xa está ben entrado. Polo que respecta ó vento, semella unha incógnita se facemos caso ás apostas.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 17 ata os 25º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 9 e os 14º C., estas tamén con pequenas oscilacións. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 3 litros, pero somentes 2 participantes apostan pola chuvia. Mentras. os refachos de vento van dende os 10 ata os 60 km/h.
Coma sempre será compricado de predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:00 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.
As apostas:

