A emoción do baleiro

Rematou a 15ª xornada da VII Liga da Inverneira na Galiza coa sensación de que nos quedou algo atrás. Por suposto non a tod@s. Pero moit@s meteoludópatas amateurs agardaban máis movimento na parte final da etapa do Alto do Rodicio. As temperaturas tiveron unha mínima amplitude de 1.5º C. Os valores finais son os mesmos que as 01:00 da madrugada. As prediccións tamén apuntaban a chuvia na tardiña, pero máis aló das 12:00 horas somentes se engadiron 0.3 litros, que non modificaron os 2 litros finais. O refacho de vento acadou o seu máximo antes das 17:00 horas, con 24 km/h., inferior á tasación da media de apostantes.

Pero foi suficiente para encumbrar a unha parella con distintas traxectorias. Bar Pequeno continúa soterrado máis aló do posto 25 da xeral, pero acada unha vitoria que moit@s ainda non celebraron. Para Modesto, significa a confirmación dun percorrido con mellora contínua dende a zona media ata os postos de honra.

Os seus veciños no Top-10, Landrán, Marius e Balboa chegaron na segunda puntuación da xornada e manteñen o seu status de aspirantes. A mesma puntuación, 54, para Breogán77 e Iru, que o contrario dos anteriores, ainda non estabilizan o seu traxecto. Con 53 puntos asoman os 2 primeiros da xeral, Botikas e Verducido. Duas vellas glorias, Michi e Mina, tamén neste saco, están ás portas do Top-10. Iago e M. B. Juaquín levan unha pequena ledicia dentro dunha actuación xeral preto do deplorable.

Estes son os primeiros na xornada do Alto do Rodicio, pero se queres indagar máis no acontecido na 15º xornada da Liga da Inverneira, pica no botón embaixo estas letras.

Saúde e sorte!!!