A etapa decisiva

Nesta 5ª e derradeira etapa do Torneo de Vran en Cachemira váise decidir todo. A vitoria final, a parcial, os seleccionados para a Ojete’s Cup e, dentro deles, os cacheiras de serie. Garhi Dupatta vai ser o xulgado de garda e o verdugo dos desafiuzad@s para a derradeira competición da tempada 2024/25. E ainda quedan cousas por decidir, ou sexa que merece estar atentos o que aconteza dende o final do día de hoxe ata o minuto final, alá polas 21 horas de mañán.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 28 ata os 35º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 16 e os 27º C., tamén cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 3 litros, cunha aposta fora de rango de 8 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 7 ata os 25 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:00 horas do domingo. Para obter un resultado definitivo deberemos de agardar ata as 05:00 horas da madrugada, cando se actualizan os datos de chuvia e vento (cousas da axencia meteorolóxica pakistaní). Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *