A chegada dunha bolsa de aire frio en altura marcou o desenrolo da 4ª xornada da Liga da Inverneira, desputada en A Armenteira. Poucos agardaban unha temperatura mínima tan baixa nesta época do ano. E iso notouse nos marcadores finais. O refacho de vento non superou os 20 km/h, o que deu unha chance á friaxe. A cantidade de chuvia recollida foi de pouco máis dun litro, tamén por baixo das espectativas xerais.
Deste modo temos un gañador en soidade cun resultado moi decente e que quizáis faga recordar os horarios de aposta o fulano en cuestión. A máxima perda foi na mínima, pero no resto andivo moi axustado. Loitou durante toda a xornada contra un fulano que acada a 5ª praza na xeral e ameaza á cúpula desta clasificación.
Para acadar tódolos datos que deixa esta 4ª xornada, en Armenteira, preme no botón abaixo exposto.