Fazaña (case) inesperada

Impresionante o desenvolvemento desta penúltima xornada da Liga de Primaveira en Okinawa. Cando todo sinalaba que a vitoria final tiña dous candidatos claros, un terceiro súmase á loita e nada menos que apañando o liderato, salvando 17 puntos coa lideresa Beocha e convertíndose no principal aspirante ó titulo nas illas xaponesas. A chuvia foi determinante de novo para este troco de guión e incluso poderíamos invitar a outros xogadores vendo o que pode mudar nunha soa xornada.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada, con 22º C. A máxima chegou ata os 28º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e o final foron 11 litros ata o final do día. O vento marcou un refacho máximo de 46 km/h., na media alta do que apostaba a maioría da xeral.

Así atopamos o heróe do día, con 56 puntos, moi por riba de calqueira outro participante. Enrico Ferni deixou somentes 2 puntos na chuvia e cadanseu punto nas temperaturas e no refacho. Tan acertada a aposta que o leva diretamente ata o liderato da clasificación xeral, cun punto de distancia sobre Beocha e 6 sobre o terceiro clasificado, Verducido. Pouco máis que dicir que impresionante e máxico.

46 puntos para Bar Pequeno, que desta vez sí fixo unha gran aposta nas temperaturas e acada a segunda praza do día en Nago. Posto 14 para el, xa preto dos seus predecesores.

44 puntos para Popolo, que ainda que deixou 12 puntos no pluviómetro, o resto de parámetros estiveron moi axustados. Na xeral comparte puntuación con Bar Pequeno.

Breogán77 foi outro dos que sumou por riba dos 40 puntos, en concreto 43, que o deixan ubicado na 7ª praza moi preto de acadar o Top-5 no caso de bo rendimento na xornada final.

Marius chegou ata os 40 puntos e pecha o grupo que acadou esa cifra nesta 9ª etapa. Atópase no límite do Top-10, sendo factible o seu ingreso no clube se desenrola unha boa etapa final.

Xa non imos falar das posicións por baixo dos 40 puntos, teredes que buscalas vos mesmos nas clasificacións da xornada e na clasificación xeral.

Dicir que temos 3 aspirantes principais ó titulo, sen esquecer que Okinawa é un sitio traicioneiro e calqueira podería tentar unha fazaña similar á de Enrico Ferni en Nago. Por todo iso, non deixedes de pensar ó grande buscar o mellor resultado nesta competición de entretempo.

Estas foron as 5 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Nago. Para acadar tódolos datos recollidos na 9ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *