A illa de Zlarin acolle a segunda etapa da X Liga de Primaveira no Adriático dentro da xeira de tres a desputar en Croacia. A priori semella como Brezovacko, sen sorpresas nin desgustos, pero tod@s sabemos o que pasou en Brezovacko. o que seica vai ser seguro é que continuaremos sen precipitacións nesta primaveira na que as temperaturas van ser totalmente mediterráneas.
As apostas en temperatura máxima van dende os 19 ata os 27º C. Polo que respecta ás mínimas, oscilan entre os 9 e os 16º C. Moi aberto o parámetro das temperaturas, na contra do da chuvia, con unanimidade negativa. No parámetro dos refachos de vento temos rexistradas apostas dende os 11 ata os 38 km/h.
Con estas apostas podemos contar cunha xornada moi desputada e emocionante da que non deberías perder conta. Contámolo en direto dende este enlace ao vivo a partires das 0:00 horas ainda que semella que o MetOffice comeza a contar os datos do día das 02:00 horas en diante. Non o perdas, estás entre os aspirantes á vitoria en Zlarin.
Nota: Kaltxon entrou máis tarde das 23:59 h. pero esta etapa foi a derradeira con marxe de penalización ata a 01:00, polo que non recibe resta de puntos. A partires da seguinte etapa as penalizacións volven restar 10 puntos recebendo a aposta despois das 23:59.