Estamos de parabéns en eltiempoentuojete. Derradeira xornada da Liga de Primaveira en USA e, amáis de ter unha xeral moi apertada, a etapa vai ter a emoción necesaria que require a Liga. Ameaza de treboadas, calor abafante e vento medio é o que agardamos para o domingo. O Top-10 está cheo de novos valores que loitan contra algunha das vacas sagradas que ainda optan ao título. Quizais o luns teñamos que sacar o pestiño para deixar pasar a algún novo inquilino, ou quizais aumente o ego dalgún dos meteoludópatas senlleiros de eltiempoentuojete.
As apostas en temperatura máxima oscilan entre os 31 e os 35º C., cunha aposta á baixa de 28º. As apostas na mínima van dende os 23 ata os 25º C., cunha aposta á baixa de 18º C. A pluviosidade pode ser un factor decisivo, e as apostas amosan entre 0 e 11 litros, cunha aposta á alza de 24 litros. Nos refachos de vento, as apostas teñen valores entre os 24 e os 50 km/h.
Polo tanto, xornada de grande emoción en Orlando, que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 07:00 horas da mañanciña.
Na OjeteQuake 2021 segue o cultivo sísmico de apostas no oeste do Anel de Fogo, dende Fiji ata o norte de Xapón, pero tamén cunha presenza importante en Oriente Medio e o sureste asiático. China e Alaska rexistran sendas apostas. A magnitude máxima acada os 6,1 Mg.
A etapa sísmica podes seguila ao vivo dende este enlace, a partires das 02:00 horas desta magrugada.