A túa sogra Herminia

Hortensia por windy.com

Despois do paso fuhaz pero intenso de Eowyn este domingo viviremos unha nova cicloxénese esplosiva que vai colidir coa desputa da 18ª etapa da Liga da Inverneira. Semella que desta vez Hortensia vai marcar diferenzas na clasificación xeral, sendo, a falta do final de liga, unha das decisivas cara a consecución dos diversos soños dos meteoludópatas de eltiempoentuojete. As apostas falan desa dificultade de predición en O Courel.

As apostas en temperatura máxima van dende os 8 ata os 14º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 2 e os 6º C. As precipitacións son máis que probables, con valores dende 15 ata os 68 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 45 ata os 110 km/h.

Moita amplitude nos parámetros de predicción polo que estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar e co reto de atopar un ou vari@s heroes. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día. Quen pode domiñar a Herminia??

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *