Estamos ante a derradeira etapa da XI edición da Liga da Inverneira de Galicia. Situados en Xesteiras no concello de Cuntis, ainda temos moitas cousas que dirimir, e moitas delas importantes. O campionato xógase entre Magor e Botikas cunha diferenza mínima de 2 puntos. Os mesmos que decidirán o último chanzo do podio. E detrás, moitas posicións ainda poden trocar e mellorar ou botar abaixo todo o traballo de 6 meses de competición. Xesteiras non é lugar doado para predicir e moito poden moverse os datos ó longo do día, polo que agardaremos ata a derradeira migalla de tempo para coñecer resultados definitivos.
As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 7 ata os 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 1 e os 7º C., tamén con grande amplitude. As precipitacións móvense nun rango de entre 0 e 9 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 15 ata os 71 km/h.
Estamos ante unha xornada cun resultado moi difícil de augurar ó atopar moitas diferenzas entre valores apostados e o marxe de diferenzas é mínimo. Non semella doado augurar un vencedor, pero o certo é que imos telo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:40 desta mesma madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o final do día.
As apostas:


- Corrixíuse un erro na aposta de chuvia de Xowi ante a solicitude deste na noite do venres. Dedos malfeitos.