Afouteza insolente

O título deste artigo vai dirixido a Kaltxon. Xa o dixemos noutras ocasións: a ousadía ten recompensa (ainda que somentes cando se acerta). Este home vai collendo fama de destemido. Atopándose entre os dous deuses históricos da competición, atrévese a desafialos e vai camiño de facer historia na meteoroloxía amateur. Pero antes de lamberlle a pirola…

A temperatura mínima non se fixo agardar. Nas primeiras horas da xornada acadáronse os 12º C. que xa serían definitivos. Tivemos que esperar ata a hora do vermú para rexistrar a que sería a máxima do día, 14º C. O refacho máximo chegou na tardiña, con 31 km/h. Pouco despois chegou a chuvia, cara as 19 horas, con aleivosía, dado que poucos esperaban esa treboada tan cedo, cando as prediccións a auguraban no final do día. 3 litros nun marxe de tempo pequeno decantaban a balanza cara o novo líder.

Kaltxon sumou 19 de 20 puntos na temperatura, pleno na chuvia e 1 km/h. por riba do refacho perfeto. 58 puntazos, vitoria en soidade para empatar a vitorias con Botikas e o liderato da competición a falta de 4 xornadas. Para máis comentarios, ler o primeiro párrafo deste artigo. Simplemente impresionante. Parabéns!!

Tras del, con 57 puntos, Landrán, cunha traxectoria impecable a non ser polas penalizacións por tardoso. Cómo botará en falta eses 20 puntos perdidos… Volve arrimarse o Top-5 e semella perigoso canto máis se achega o final. Noraboa tamén para Rasdgar, novato do ano que volve superar a Modesto e chega á 13ª posición, con marxe para soñar. Impresionante tempada de debut. Futuro aspirante a fazañas maiores.

Grupo de 5 con 55 puntos con Botikas á fronte, que perde o liderato pero mantén unha distancia aceptable cara o final de Liga. De seguro ainda ten unha carta na manga. Beocha volve coller respiro ante Marius para manter a 4ª praza pero mira de reollo como se achega Landrán. Popolo e Balboa están na loita por un Top-10 que nesta edición págase carísima e que ten moit@s pretendentes dende o principio. 12º e 15º respectivamente, ainda non dixeron a derradeira palabra. Lume segue a buscar unha vitoria que se lle resiste unha semana máis e de seguro non quere rematar sen ela. Lonxe do Top-20 ha de ser máis que unha esixencia para ela.

Estes son os 8 mellores resultados na xornada de Punta Candieira, 22ª da X Liga da Inverneira. Na Xeral, Kaltxon colle o liderato, con 2 puntos de marxe sobre Botikas. Verducido semella descartado a 9 puntos do líder, con Beocha 4ª en terra de ninguén, pero con Marius e Landrán ó acecho. Xornada decepcionante para Xowi e Mina que ven como Breogán77 se lles bota enriba e maldita para Compoñente Sur cun resultado que fai que xa note o alento dos lobos Víbora e Balboa, ainda que mantén a 10ª praza da xeral.

Pero semella que ninguén dixo ainda a derradeira palabra, polo que a loita continúa e xa vemos preto de nós o monte Fontecada, unha das etapas con máis fama desta, nosa e vosa, competición única no mundo.

Para acadar tódolos datos recollidos en Punta Candieira,pica no enlace que ofertamos baixo estas verbas.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *