Seica voltamos á escuridade… Ou mellor dito, ó oscurantismo. Semella que a estación en liza da semana, Lira, en Carnota, deixou de traballar. Non coñecemos os detalles, non podemos asegurar se falla a estación en sí, ou se o envío de datos á central é o responsable da carencia de datos.
A estación de Lira deixou de traballar cara ás 06:00 horas da madrugada so sábado. Polo tanto, non podemos sustituir unha xornada coas apostas xa recibidas. E a nosa política actual non permite trocar os datos polos de outra estación. Non semella xusto, nin tampouco científico. E non podemos permitirnos perder a faceta de investigación rigurosa. Das poucas cousas serias que temos….
Desta maneira quedamos a expensas de que o noso distribuidor de datos na Liga da Inverneira, Meteogalicia, achegue algún tipo de dato sobre a estación ou datos recollidos pola mesma. Ainda que Meteogalicia non ten nengún tipo de obriga con esta nosa organización, sí a ten co conxunto de galegos e coa comunidade que interactúa na sua web. Co ben que falamos deles, non podemos menos que ser críticos… Pero hoxe pasamos por ignorantes…
E un recado da miña avóa:
“non rompas os xoguetes vellos antes do Día de Reis, que o mellor traen carbón…”