Este fin de semana poñemos punto e final á VII Liga da Inverneira de Galiza na estación meteorolóxica de O Xistral, en Muras. Ia ser a suplente de Cabeza de Manzaneda, pero non chegou a debutar e foi Calvos a elixida. Desta vez semella que vai decidir o campionato e, sendo nova, temos poucos datos do que alí acontece. Sen referencias de anos pasados, imos presentar algún dato que pode axudar coma un cravo a lume vivo a ter esperanzas de mellorar na clasificación xeral. E, no pior dos casos, as estadísticas están para rompelas…
No caso da configuración final do podio, imos apoiarnos nos datos de acerto das xornadas xogadas nesta edición.
O acerto en temperatura da vantaxe a Verducido e o de pluviosidade, a Botikas. O refacho de vento reflicte un empate, polo que os leghóns están por riba da testa para esta derradeira data. Beocha ten as porcentaxes máis baixas nos tres parámetros, pero como dixemos, a estadística está para rompela… Podemos concluir que unha xornada de chuvia beneficiaría a Botikas e as temperaturas amplias a Verducido. Ademáis, o tema da vitoria é claro. Se gaña Botikas, leva o trofeo. Se gaña Verducido e non comparte con Botikas, leva o trofeo. Se non se da nengún destes casos, Botikas dispón de un único punto de vantaxe, pois no caso de empate, as duas vitorias en soidade de Verducido superan a unha en soidade e outra compartida no caso de Botikas. No caso de Beocha, sen vitorias, so debería facer 20 puntos máis que os seus predecesores.
Na loita por acadar a cuarta praza, son 6 os principais contendentes. O defensor do chanzo, Modesto, ostenta as mellores porcentaxes de acerto en temperatura e refacho de vento. Pero na pluviosidade pecha o grupo. Está a pedir un día solleiro…
Punteiro flaquea onde aperta Modesto, pero lidera a estadística baixo a chuvia. Está a pedir que caia o ceo…
Julio ten marcas mediocres en temperatura e chuvia, pero mellora no refacho. Este pide un vendaval…
Víbora, con valores decentes en temperatura e chuvia, pero sofre cando o vento medra en intensidade.
Marius semella o máis regular en tódolos parámetros polo que súa aposta pode ser a referencia.
Finalmente Xowi obtén baixas calificacións na temperatura e na pluviosidade, pero ten un bo dato no vento, e quizáis este sexa o parámetro máis compricado na xornada de O Xistral.
Noutras loitas, Mina tentará atacar o Top-10 que mantén Balboa. Landrán e Michi cacheira a cacheira polo posto 12. Gran batalla tamén dende o posto 14, de Kaltxon, ata o 22 de Breogán77, con Nanuq, Lume, Budainca, Popolo, Sarabia, Compoñente Sur e Aki coma intermediarios. Por baixo disto, buscar unha vitoria de etapa na derradeira de Liga e ser pioneiro na estrea de O Xistral no final soñado por calquera meteoludópata amateur. Ou profesionais…