Xornada decisiva

Ante todo desculpas pola non retransmisión da xornada ao vivo desta etapa pasada, debido a un erro de actualizacións nas táboas de google que conteñen os datos. Agardamos que sexa puntual, xa que é unha actualización anual que non se repetirá ata ovindeiro ano. Desculpas tamén pola falta da crónica semanal, atópome fora traballando nun monasterio onde a internet é nula e a miña vivenda atópase por baixo do rango da sinal da antena máis próxima (casualmente en Castro Vicaludo, estación da Liga da Inverneira). Esta semana tratarei de deixala lista antes de marchar. De calqueira xeito, os resultados da etapa atopábanse tanto nas táboas da xornada ao vivo (despóis de arranxada a actualización) e nos Resultados da Liga de Primaveira, no menú principal dentro de Liga Meteorolóxica.

Ainda con retraso, dicir que foi unha loucura de etapa en Naha, coa chuvia que descargou case na súa totalidade antes do inicio da xornada, polo que o mediolitro caído no domingo deixou a acse tod@s con marcadores miserentos nese parámetro.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada e foi alta, con 26º C. A máxima chegou ata os 29º, xa pasado o vermú. A presenza da chuvia era de probabilidade impredecible e o final foron 0 litros ata o final do día. O vento marcou un refacho máximo de 58 km/h., na media alta do que apostaba a maioría da xeral.

A mellor aposta en chuvia foi a de Bar Pequeno, pero a súa aposta en temperatura mínima botou por terra a súa vitoria, que quedou nas mans de Beocha e Verducido, con baixa cantidade de auga apostada. 55 puntos por cachola para poñerse ó frente da xeral cunha vantaxe que fai pensar que a Liga está decidida. Pero non poden estar tranquilos xa que esta zona do planeta e os tifóns asociados poden xogar na súa contra e a favor de quen se atreva a contradicir ás axencia meteorolóxicas. Beocha ten 1 punto de vantaxe con Verducido, que ten 15 sobre o seguinte competidor.

Por tras, con baixa cantidade de chuvia (relativamente), entrou Lume con 49 puntos. Gran resultado que a eleva ata a 7ª praza e con posibilidades de ingreso no Top-5.

48 puntos para Enrico Ferni, que xa ocupa ese Top-5 empatado con Kaltxon e Botikas. Semella que quere loitar cos mellores e non topou mellores opoñentes nestes 2 grandes da predicción meteorolóxica amateur.

47 puntos para Compoñente Sur, o mellor cunha xornada perdida e para Denodeno. Atópanse no Top-20 e de seguro que esta xornada foi un aliciente para eles.

Sumando 44 puntos están Bar Pequeno, o maior dagnificado ó ter a mellor aposta en auga e que ocupa o derradeiro posto do Top-15. Mesma puntuación para Botikas, que empatou con Kaltxon pero recibe a visita de Enrico Ferni. Non lle será doado atopar praza no podio.

Estas foron as 8 mellores puntuacións nesta xornada desputada en Naha. Para acadar tódolos datos recollidos na 8ª etapa da XII Liga de Primaveira pica na ligazón baixo este texto.

Agardamos voltar á normalidade da web nesta 9ª etapa en Nago.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *