Xornada antolóxica a desputada no concello de A Veiga. O primeiro paso no puro inverno da Serra do Eixo foi un espectáculo tanto no meteorolóxico coma no senso ludópata. En moito foi debido á visita da borrasca Bella.
Comezaba a madrugada con frío pero sen chegar a valores negativos. E tampouco positivos, pois a mínima quedou neutral en 0º C. A máxima estancábase no 3º C. dende a madrugada, pero a partires das 18:00 h. e coincidindo coas primeiras pingas de chuvia, colleu folgos e a iso das 21:00 h. deixaba a marca en 5º C. O refacho de vento foi incrementando o seu valor ó longo do día e caras as 20:00 h. sinalou os definitivos 95 km/h. A chuvia, pola sua banda, fixo aparición antes do agardado. Para o peche da emisión ao vivo da estación, ás 24:00 h. (Meteogalicia leva unha hora de retraso na publicación dos datos) o pluviómetro acumulaba 6.3 litros. Pero nesa derradeira hora enchéuse o pipote ata definir os 10 litros finais.
Moit@s foron @s que estiveron á fronte da clasificación da etapa durante o desenrolo desta. O punto de inflexión foi cando o refacho acadou os 93 km/h., que deixaba a Julio en cabeza e con ventaxa suficiente. Pero o marcador da chuvia estaba a medrar a lume de carozo e Botikas empataba no primeiro posto da etapa ó peche da estación. A auga continuaba a cair, pero a conexión con Meteogalicia estaba pechada. Un consello: podes seguir esa derradeira hora no enlace “Gráficos dez minutais” na páxina da estación en curso. Alí comprobamos como, primeiro Lume e despois Punteiro chegaban forte dende atrás. O reconto final deixa a Punteiro coma gañador en soidade.
Esta vitoria elévao ata a cuarta praza en vitorias históricas. Na xeral empata con Julio na procura da cacheira da clasificación. Lume fai segunda e váise achegando ó Top-10. Con 51 puntos Julio, mantendo a 4ª praza e Botikas que colle as rendas da xeral con dous puntos de vantaxe. A sorpresa veu da man de Modesto, cos mesmos puntos, pero que sube dende o posto 16 directamente ó Top-10. A aposta en auga deixóuno aboiado na 8ª posición. Estes son os únicos xogadores que superaron a cincuentena de puntos.
Con 49 puntos Verducido, que perde 2 puntos sobre o líder. Balboa, que escada 2 lugares na távoa ata o 7, o mesmo que Breogán77, ata o 26. Con 46, Beocha, no 3º lugar da xeral, Landrán no 10º e Kaltxon na praza 22.
Destacar dentro do notable a Modesto e Landrán, collendo sitio entre os mellores atacando de lonxe. Gran xornada tamén para o líder e gurú climático Botikas, que semella que vai sair por tabaco. Julio achegándose de novo ó podio, tentando estabilizar o seu traxecto. A Balboa que volta dos infernos e, por suposto a Punteiro, que entra na loita de novo.
Negativos foron os resultados para a xeral de Michi, expulsado do Top-10 xunto con Víbora e Mina. Aki, Nanuq e Jose Lopez alonxándose dos tratores e no Top-10 Xowi pasa ó terceiro grupo de persecutores mentras Beocha perde comba co duo de cacheira.
Se queres destripar a xornada 14 desputada na Serra do Eixo, pica no enlace embaixo exposto.