Malda é a localizsación suplente para a 3ª etapa do Torneo de Vran en West Bengal. @s participantes seguen a buscar un posto entre os 16 mellores que lle de acceso á Ojete’s Cup, mentres continúa a loita pola vitoria finalno torneo. As previsións dan chuvia miuda, ainda que as condicións cambiantes deste estado da India poñen en dúbida calquera pronóstico.
As apostas para a temperatura máxima van dende os 31 a os 38º C. No que atinxe ás mínimas, temos valores que comprenden dende os 17 ós 30º C., gran diferenza de posturas. No parámetro da pluviosidade recibimos apostas de entre 0 e 24 litros, tamén moi aberto este apartado. No ámbito dos refachos de vento os valores marcan dende os 13 ata os 32 km/h.
Con estas apostas e buscando un tobo entre os 16 primeiros temos ante nós unha etapa moi emocionante e probablemente cambiante ó longo do día. Non deberías perdela polo que podes seguila dende este enlace a partires das 02:30 horas desta madrugada e dende a mañanciña do domingo ata o remate da xornada de Malda.