Calma chicha en Fontecada

Preto do final está a Liga da Inverneira nesta 12ª edición e semella que nesta fin de semana, nunha etapa coma Fontecada, en Santa Comba, viviremos de novo outra xornada de transición. Unha estación que se atopa no Top-10 das que recollen chuvia en Galicia estará de loito pola acción do anticiclón, que vai deixar ceos despexados, ventos moderados e temperaturas mornas en todo o país. Pero en moitas zonas da clasificación xeral basta un pequeno movimento dun só puntiño para trocar de lugar a algúns participantes e a vitoria é un doce apetecible para calquera, ainda que teñas que compartilo.

As apostas en temperatura máxima están pechadas, indo dende os 11 ata os 14º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 1 e os 5º C., estas de novo con oscilacións miúdas. A precipitación é un parámetro sen discusión e con case o 100% de valores en 0 litros, cun litro soitario dun dos apostantes. Mentras. os refachos de vento van dende os 20 ata os 59 km/h., sendo un parámetro un pouco máis aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas mínimas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 hora de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *