Despois do paso de duas profundas borrascas esta semana, con valores de chuvia en torno ós 20 litros e refachos de vento por riba dos 100 km/h. (148 o mércores e 108 onte venres) semella que o domingo teremos unha pausa neste tren de borrascas e o tempo máis ou menos solleiro vai dominar o desenrolo desta 3ª etapa en Castro Vicaludo, no concello de Oia.
As apostas en temperaturas máximas oscilan entre os 19 e os 25º C. No que atinxe ás mínimas, van dende os 13 a os 17º C. Somentes atopamos 2 apostas en mollado, unha de 1 e outra de 2 litros, sendo o resto totalmente secas. Os refachos de vento, tan espectaculares durante á semana, están entre os 9 e os 85 km/h. Amplitude de carallo, ainda así.
Con estes antecedentes estamos ante unha xornada emocionante, con moitos valores cambiantes ante o que seica era unha xornada achanzada polas previsións e que podes seguir ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 desta mesma madrugada e mañán en horario contínuo dende a mañanciña ata o derradeiro suspuro da etapa. Non a perdas, promete!!