Entorno
Calvos xulgará esta semana ós apostantes da VII Liga da Inverneira de Galicia de eltiempoentuojete. É a suplente da xornada de Cabeza de Manzaneda, de novo con problemas no anemómetro. Estrea da estación do concello de Calvos de Randín nesta VII edición da Liga da Inverneira.
Calvos é a estación meteorolóxica de Meteogalicia no concello ourensán de Calvos de Randín. Quizáis vos rinche o nome de escoitalo no Galicia Noticias coma o concello galego onde se acadan a temperaturas máis baixas no inverno. A carón dos irmaos lusos, estivo dentro do Couto Mixto, unha zona fronteiriza con control case autónomo de España e Portugal. Froito disto, o contrabando foi unha das actividades económicas máis proveitosas.
Conta entre seus bens máis preciados o Pazo dos Tejada, cunha fachada blasonada de acordo ó premio recibido `fai máis de mil anos por Sancho de Tejada de mans de Ramiro I, rei de Asturias e León, pola sua participación na mítica batalla de Clavijo (La Rioja) no ano 844, na Reconquista.
Localización
Datos da estación
Sensores
- Piranómetro
- Catavento
- Sonda de Temperatura e Humidade
- Sonda de Temperatura de superficie/solo
- Anemómetro
Sensor de Humidade Foliar - Datalogger
- Sonda de Humidade do Solo
- Pluviómetro de Cazoliñas