Etapa para recordar a desputada este domingo no alto do Cebreiro, onde moitas espectativas foron ó carallo e outras tantas déronse por satisfeitas. Ilusións gañadas e perdidas por igual que non deixaron xogadores indiferentes, pero sí con gañas de seguir na lea ou de buscar revancha. Grande etapa dende o comezo, con temperaturas cativas ainda que en positivo, un refacho miserento para o campo de xogo e o agardado polas axencias e unha chuvia piollenta ó principio que aumentou de intensidade conforme pasaba o tempo e nos achegábamos ó remate.
A temperatura mínima acadóuse no abrente da madrugada con 1º C. que xa non subiría de 4º, con dificultade, en todo o día. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente acadou un resultado de 22 litros. O vento marcou un refacho máximo de 32 km/h., lonxe do que apostaba a elite da xeral.
A contas feitas, a vencedora con 52 puntos foi Mina, que se converte na competidora con máis vitorias en soidade, nada menos que 25. Andivo acertada en tódolos parámetros agás no refacho, onde deixou 5 puntos atrás e que non foron moitos vendo os resultados do resto. Deste xeito convértese na lideresa do grupo que aspira ó Top-10, dende o posto 11º e a só 2 puntos do 10º. Xornada redonda para ela no Cebreiro, onde xa gañara en soidade fai nada menos que 10 anos!!
Co segundo mellor marcador do día, Rasta, con 51 puntos e que recupera a praza entre os 10 mellores da xeral, agora no 9º posto, voltando á corredoira que leva ó éxito nun escenario perfeto. Foi, xunto a Modesto, dos que mallaron a cantidade de chuvia e queda empatado no 8º posto pero con menor coeficiente de vitorias que Xowi.
Con 50 puntos temos a M.B. Joaquín, que semella incrible que deixara 6 puntos nas temperaturas e somentes 4 no vento e na chuvia. Circula no posto 24 en terra de ninguén, sen ameazas nin obxectivos. Mesma puntuación para Cris, a mellor situada entre os morróns e que ultimamente acostúmase a estar no resumo dos mellores. Posto 17 para ela e buscando ó grupo de acceso ó Top-10.
49 puntos para Popolo e Sarabia, con diferenza dun só punto na xeral, outros dos que buscan atopar sitio entre os 10 mellores. Agora están no posto 13 e 14 respectivamente e Sarabia semella en racha.
Sumando 48 puntos, Michi e Modesto con boa actividade na chuvia. Michi entra no Top-20 mentras que Modesto mantén o Top-10 ainda que perdendo unha posición.
No Top-5, Kaltxon aumenta a vantaxe sobre Beocha no 2º lugar, que a súa vez aumenta distancias sobre Botikas no 3º, achuchado por Julio que lle papou 3 puntos e aumentou en 2 a vantaxe sobre Verducido, que ve coma os seus persecutores reducen distancias a falta da derradeira por riba dos 900 metros de altitude, en Lardeira.
Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, na cima do Cebreiro. Para acadar tódolos datos recollidos na 20ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

