Antes de nada, desculpas pola tardanza na publicación dos resultados do domingo. Coma sempre os problemas técnicos da 1ª xornada de cada competición…
A chuvia foi a protagonista na maioría dos resultados. Moitos enfrontamentos tiñas amplas diferenzas neste parámetro, polo que foi decisivo para a gran parte das batallas.
O líder Botikas caeu ás primeiras de cambio e non poderá finalizar a tempada gañando tódolos títulos. A aposta á baixa na auga permite a Bar Pequeno acadar o título de “mataxigantes” na sua primeira presenza no Top-16 da Ojete’s Cup.
O seu rival na seguinte rolda será Compoñente Sur, que cimentou a vitoria sobre Alucarda tamén nas apostas de auga. Polo lado dos perdedores Alucarda medirase con Botikas.
Oscar tamén acadou o pase á seguinte rolda apostando seca absoluta, maniobra arriscada que remata con Víbora na cara oscura do cadro.
Michi tamén apostou baixo e manda a Xowi a loitar por un 9º posto. Primeira vitoria de Michi na primeira rolda desta competición e loitará con Oscar. Xowi pelexará con Víbora.
O 2ª cabeza de serie caeu coa 15ª. Beocha gañou a Julio na aposta máis pechada da xornada á conta da temperatura máxima.
O rival de Beocha tamén aproveitou a diferenza na auga para gañar a 1ª rolda. Jose Lopez avanza e envía a Lukas a competir con Julio.
Breogan77 eliminou a Iago no desempate. 2 kms/h foi a marxe para pasar de rolda na 1ª aparición no torneo de un-contra-un.
Marius será o seu contrincante ó eliminar o 6º cabeza de serie polas diferenzas en pluviosidade. Verducido vai á cara oscura e tentará batir a Iago por mellorar a posición.
Polo tanto temos unha segunda rolda polo título cheo de facianas novas. No lado contrario, grandes nomes da meteoroloxía amateur obrigad@s a loitar entre eles para non facer moito ridículo.
Para investigar o acontecido na 1ª rolda da Ojete’s Cup 2020 pica no botón de embaixo. Tamén atoparás un enlace ó Cadro de Competición actualizado.
Na OjeteQuake podemos falar dun golpe de man. Marius andaba alonxado do camiño que escolleu a maioría pero a tenacidade ten premio. Máis de 100 puntos de diferenza sobre os inmediatos persecutores, que o eleva ó 3º posto na xeral. Cando todo semellaba rematado cun “inocuo” 5,3 de magnitude, un movemento de 5,9 Mg. a falta de menos de 20 minutos do remate deixaba aó gañador nunha posición buscada por quen quere arriscar e trocar ó seu comportamento na clasificación xeral. O líder, Lukas, mantén a posición e incluso amplía a renta cos inmediatos persecutores.
Se queres coñecer o acontecido na 7ª xornada da OjeteQuake 2020, preme o botón embaixo estas liñas.