Contato con tacto

Migración cara Cabo Corrubedo

Primeira xornada da VII Liga da Inverneira, marcada pola inestabilidade na atmósfera e a estabilidade nos resultados d@s meteoludópatas de eltiempoentuojete.

Grandes felicitacións para a gran maioría de participantes pola calidade das apostas. Somentes 3 apostas non superaron os 50 puntos e ata 30 apostantes acadaron ou superaron os 53 puntos. Noraboa polo tino exhibido.

A vitoria levouna Michi, que suma a segunda neste enclave. Roubou a posición a Popolo tras baixar a temperatura mínima cara a noitiña, desfacendo a marca habitual da madrugada. A vitoria en soidade ten o agasallo do liderato da Liga sen mirar para as beiras.

Na segunda praza, a un soitario punto, un trio de aspirantes con Xowi, Lukas e Popolo. Dous por tras do líder, Balboa, Sarabia, Nanuq e Mingos. Con 55 puntos, e ampliando o Top-10 ata o 17, Julio, Jose Lopez, Juanito Caminante, M. B, Juaquín, Bar Pequeno, Ocandepavlov, Verducido, Punteiro e Lume. Moit@s grandes aspirantes neste primeiro grupo que non perden comba neste inicio de competición.

Por tras, un grupo que sobrepasa os 50 puntos e que, dende un pouco máis lonxe, vixía sen ser visto. Algúns ilustres atopamos que de seguro van mellorar esa posición.

No vagón de cola atopamos a Breogán77, vencedor na Ojete’s Cup de Belize. O vento foi quen de doblalo, pero non rompeu e verémolo nas prazas superiores. Modesto, o novato do ano perdeu puntos en tódolos parámetros e debe axustar os regraxes da sua predicción. Caso distinto o de Kaltxon, que abriu o rego no domingo e enchoupou as leiras. Cunha boa aposta sobre temperatura, era moi cedo para os grelos. Deberán remar a contracorrente, pero sen tolear, que ainda quedan 25 no peto.

Se queres coñecer todo o que deu de sí a xornada inaugural da VII Liga da Inverneira, en Corrubedo, preme no botón de embaixo estas liñas.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *