A segunda xornada da VII Liga da Inverneira xógase na costa lucense. Pero o Penedo do Galo non é unha praia, senón un monte o que lle gusta o outono. Recolleu nesta semana cantidades de auga superiores ós 20 litros diarios e o refacho acadou os 132 km/h.
Semella que non será o domingo un día coma os anteriores, pero a borrasca Alex ainda está preto e deixará unha xornada de incógnitas a resolver polos meteoludópatas de eltiempoentuojete.
As temperaturas máximas encádranse entre os 11 e os 18º C. As mínimas van dende os 5 ata os 13º C. Nas apostas de pluviosidade, moita amplitude con valores que chegan ata os 23 litros e con mínimos arredor dos 2 litros. Moita variedade neste parámetro. No refacho de vento podemos atopar marcas dende os 21 ata os 95 km/h.
Polo tanto xornada que promete grandes emocións ata o derradeiro minuto e que podes seguir ao vivo dende este enlace.