Debacle no Top-10

Semellaba unha xornada transitoria, sen chuvia, nin vento e con temperaturas doadas de predicir, pero do Top-10 somentes 3 xogadores van aparecer nesta crónica da etapa de Muralla, en Lousame. E ningún está no podio, ainda que se manteñen as posicións cacholeiras. Pero por tras, moit@s d@s aspirantes deron un paso atrás na clasificación, que semella máis aberta que nunca.

As temperaturas máximas chegaron ata os 20º C. e as mínimas non baixaron como se agardaba, quedando en 13º C. Por suposto, da chuvia nen falar, mentras que o refacho foi miúdo para a altitude da estación, marcando 25 km/h. no final do día.

E así temos un vencedor en soidade, Michi, con 58 puntazos, mallando tódolos parámetros agás a temperatura mínima, onde perdeu eses 2 puntos. Salto cualitativo na xeral, onde pasa a ocupar o derradeiro posto do Top-10 compartido. Podes estar satisfeito!!

57 puntos para Rasdgar, un dos que se salvou da queima en Muralla. Sube dende a 8ª praza ata a 5ª. Seica os novos valores andan na llama e van pisando cacholas ás vacas sagradas.

Marius, Popolo e Lukas sumaron 56 puntos. Marius trepa dende o 9º posto ata o 6ª e volve ameazar o Top-5. Popolo tamén acada mellora, dende o 10º ata o 7º compartido. Lukas dende o 18 ata o 12º achégase o Top-10.

55 puntos para Sarabia, que tamén escala e achégase o Top-10.

Xowi, Pájaro e Compoñente Sur engaden 54 no seu marcador xeral. Xowi xa está o 13º, preto do Top-10. Pájaro vai superando a súa inestabilidade ainda que todavías está lonxe de dar o mellor de sí mesmo. Un pouco mellor Compoñente Sur, que ten un lastre collido na 2ª xornada cunha recuperación lenta pero segura.

Estas foron as 9 mellores puntuacións da 8ª xornada da Liga da Inverneira en Muralla. Para coñecer tódolos detalles acaecidos este domingo, preme no botón embaixo este texto.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *