Deixámolo para o domingo

Grande xornada en Ponteareas a tenor das puntuacións obtidas pola maioría d@s participantes nesta penúltima cita do calendario da VII Liga da Inverneira na Galiza.

Soamente Mutombo, con penalización, baixou dos 50 puntos e a media total anda preto dos 55 puntos. A temperatura mínima marcóuse na madrugada do sábado, con 7º C. Cara a noitiña agardábase unha entrada de aire frío que non rebaixou a cota ainda que quedou preto de facelo. A máxima semellaba definitiva na sobremesa, con 17º C. Pero o sol brillou pouco antes das 17:00 h. e quedou axustada por pouco nos 18º C. Na madrugada asomaron as chuviscas, pero somentes se rexistraron 0.2 litros, insuficiente para ter en conta. O refacho de vento costóulle superar os 20 km/h., pero ascendeu ata os 24 km/h. cara as 14:00 horas.

A vitoria compartida foi para Julio e Punteiro con 58 puntos, moi activos neste final de competición e ainda recuperándose dunhas xornadas de perfil baixo para o que acostuman. Segundo éxito para Punteiro e terceiro para Julio. Poden marcar diferencias no caso de empates a puntos.

Con 57 pts., Modesto mantén a praza de privilexio e loitará por mantela na xornada final. Mina achégase á 10ª praza, en mans de Balboa, 5 puntos por enriba. Michi empata con Landrán no posto 12 e loitarán de preto para acadalo definitivamente. E ata 10 xogadores acadan os 56 puntos, entre eles os líderes Botikas e Verducido. Ademais, Iru, Aki, Compoñente Sur, Sarabia, Budainca, Nanuq, Marius e Víbora.

A loita pola vitoria final continúa coa mesma distancia entre Botikas e Verducido. Cada un roubou un punto nas temperaturas e a igualdade no resto de parámetros fixo que empataran na xornada e Botikas gozará dun punto de vantaxe na derradeira cita. Os dous que frouxeaban nas derradeiras xornadas déronlle a volta á cunca cunha vitoria que fai tremer os compoñentes do “grupo soicida”. Punteiro acada a sua segunda vitoria e empata na cuarta praza con Modesto, que ten mellor coeficiente de vitorias. Julio dou conta de Víbora e agazápase a dous puntos da mellor praza posible, agora en mans de Modesto. Marius tampouco aproveitou e segue a dous puntos de Víbora e a 6 da 4ª praza. Xowi queda descolgado definitivamente (ou non) desta loita.

Se queres coñecer todo o acontecido na penúltima etapa de Liga, en A Granxa, pica no enlace embaixo estas letras.

Aviso importante:

A derradeira xornada, a desputar en Xesteiras, Cuntis, ven de ser trocada por mor do non funcionamento do anemómetro da estación. Para evitar problemas de última hora, decidimos non agardar por ela e sustituila por unha estación suplente. Esta vai ser a de O Xistral, no concello de Muras, na provincia de Lugo. Era suplente de Cabeza de Manzaneda, pero fallou nesa ocasión. Pregamos a Eolo para que nesta ocasión sexan respetados os seus sinais. Todo está preparado, enlaces, acceso e información da etapa, que podes atopar no Calendario de Liga.

Saúde e sorte!!!

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *