Benvid@s meteoludópatas a un novo desafío de predicción meteorolóxica de eltiempoentuojete. Nesta ocasión a convocatoria é para o Torneo de Vran, que para a súa décima edición desprázase ata o continente asiático para desputar en terras indias o X Torneo de Vran en West Bengal. E antes de nada confirmar que este torneo de só 5 xornadas é a antesala da celebración da Ojete’s Cup, o certamen por eliminatorias que pecha oficialmente o ano climático de eltiempoentuojete.
Polo tanto, non só estamos a falar dunha vitoria final nunha competición senón da necesidade de entrar entre as 16 mellores puntuacións, as que darán acceso á Ojete’s Cup, con probable destino tamén nesta zona do planeta.
E como hai que clasificar, as oportunidades de chegada tarde quedan excluidas nesta competición. Penalizarase a quen chegue máis aló das 00:00 horas (ainda que os segundos van ata 0:59, un minuto de agasallo) dende a primeira xornada. E se chegas tarde, non abandones. Nesta zona da India, xullo é a época do monzón, polo que recuperar non é disparatado nin irracional. Fai unha semana rexistráronse máis de 500 litros nun só día!!
Deste xeito emprazámoste a xogar con nós dende o primeiro día, que é hoxe, venres 28 de xuño apostando sobre o domingo 30 en Gangasagar, no sur do estado de West Bengal. Recorda non chegar tarde!!
A India está na espera e non agarda por ninguén.