Despóis do temporal

Unha primeira parte da semana con temporais ben xeitosos da paso a unha fin de semana máis ben seca, pero cunha influencia pouco significativa do anticiclón. O tempo tende a arrefriar e non se descarta algunha precipitación na cara norte do país, onde o vento non será decisivo pero tampouco nulo pero semella que as temperaturas poden ser protagonistas desta 6ª xornada na Serra da Faladoira, no concello coruñés de Ortigueira.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 11 ata os 17º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 6 e os 12º C., estas tamén con grandes oscilacións. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van dende unha gran maioría de seca, 0 ata os 4 litros, cunha aposta forte de 9 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 15 ata os 57 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 02:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 02:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 2 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *