Impredecible

Esta 8ª xornada viaxamos ata o concello de Lousame, coa súa estación meteorolóxica estrela de Muralla. Situada entre dúas rías, esta é unha das estacións con maior coeficiente de chuvia de todo o país. Pero estedomingo está compricado predicir alí. As axencias profesionais non se poñen de acordo máis que en que choverá pola tardiña. Pero o das cantidades… Outro tema a tratar serán as temperaturas, pois a estación está situada por riba dos 600 metros, causa pola cal tamén o refacho de vento é un motivo de discordia. E se as axencias que viven disto teñen contradiccións entre elas, imos ver o que se coce na táboa de apostas.

As apostas en temperatura máxima volven estar moi abertas e van dende os 11 ata os 18º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 11º C., estas de novo con grandes oscilacións. As precipitacións é o parámetro máis discutido, con valores que van a seca, 0, ata os 20 litros, cunha aposta forte de 45 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 21 ata os 73km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso (despóis do troco de hora) no aporte de datos.

As apostas:

Impredecible Ler máis »

Exhibición de clarividencia

A xornada número 7, a correspondente a Cequeliños, volveu ser unha recepción glamurosa onde facer gala das nosas mellores cualidades de predición meteorolóxica amateur. Un nivel de acerto extraordinario, onde os 7 xogadores máis destacados non baixaron dos 58 puntos. E todos eles, claro, están no Top-10 da xeral. Pero o resto de compoñentes da Liga da Inverneira non quedaron por tras, con ata 17 marcadores con 55 ou máis puntos. Por isto, a clasificación non tivo demasiados movimentos e estes foron de nimia importancia. Pero sempre hai algo que comentar…

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con 8º C., razoable para o frío que predicían as axencias. Na primeira hora da tarde acadóuse a máxima diaria con 16º C. A presencia da chuvia estaba cantado que sería escasa, como así foi, con 0.2 litros que redondea a 0. O vento marcou un refacho máximo de escasa consideración na hora do vermú con 18 km/h.

E destes datos emerxen os 3 gañadores no concello de Arbo. Estas lampreas foron Botikas, Rasta e Verducido. Con 59 puntos, deixaron ó salmón ben chuchado, con mínimos erros que non empañan a heróica acción. Botikas logra restar 3 puntos co líder para colocarse a 4 puntos. Rasta e Verducido van 7º e 8º respectivamente e reducen a fochanca cos inmediatos perseguidos, cunha distancia de 10 e 11 puntos co liderato.

Por tras deles, con 58 puntos, ata 4 xogadores. Xowi acada o terceiro chanzo do podio, compartido pero con menor número de vitorias con Landrán. Marius e Julio tamén comparten puntuación e posición, desta vez coa vantaxe de vitorias para Julio.

E con 57 puntos, tamén no Top-10, Beocha comparte ese podio, pero sen vitorias, que a leva ata o 6º posto. M.B. Joaquín camiña polo lugar 16, agardando oportunidades.

Estes foron os 9 mellores competidores nesta etapa de Cequeliños. Para acadar tódolos datos recollidos na sétima etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Exhibición de clarividencia Ler máis »

Ó carón da raia

A sétima xornada da Liga da Inverneira fai parada e fonda no límite da provincia de Pontevedra cos nosos irmáns lusos. A terra da lamprea acolle esta xornada despois do paso de varios temporais e, do mesmo xeito que na Serra da Faladoira, en metade dese tempo porco que vai entre unha borrasca e outra. Semella que non haberá movementos importantes na xeral, pero haberá que estar moi atentos o que aconteza en Cequeliños.

As apostas en temperatura máxima volven estar moi abertas e van dende os 13 ata os 19º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 5 e os 13º C., estas de novo con grandes oscilacións. As precipitacións é o parámetro menos discutido, con valores que van dende unha gran maioría de seca, 0, ata os 4 litros, cunha aposta forte de 14 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 7 ata os 41 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Non semella doado predicir vencedores con estas grandes diferenzas nos parámetros que non son a chuvia e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso (despóis do troco de hora) no aporte de datos.

As apostas:

Ó carón da raia Ler máis »