Fogar das xeadas

A 18ª etapa da Liga da Inverneira visita o linde cos irmaos lusos no concello de Calvos de Randín, coñecido por ter as maiores xeadas do país. Pode que nesta edición non se bata o record de temperatura mínima, dado que semella que a nubosidade non deixará que a xeada fructifique como adoita cando o ceo está despexado. Incluso podemos ter algún amago de precipitación, ainda que nesta campa non é o máis normal. De calqueira xeito agardamos unha xornada de friaxe no sur da provincia de Ourense. Este domingo, Calvos.

As apostas en temperatura máxima están abertas coma sempre, indo dende os 2 ata os 9º C. cunha aposta cara arriba nos 12º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -5 e os -1º C., complementada cunha aposta excéntrica de 4º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 3 litros, con maioría para os marcadores secos. Mentras. os refachos de vento van dende os 12 ata os 37km/h., sendo un parámetro moi pechado.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Fogar das xeadas Ler máis »

Nada novo baixo a neve

O dito no título. De momento nada cambia na cabeza da clasificación xeral. O líder segue a dominar con man de ferro esta edición da Liga da Inverneira e, como adoitamos dicir, somentes el pode perdela a falta de 10 xornadas, que é moito falar. Os seus secuaces no podio tampouco deixan marxe de dúbida. D@s 4 participantes mellor puntuad@s en Ancares, 3 deles ubican ese podio. E sen ninguén ata o de agora que lles tosa. Queda moito por diante, pero este trio semella rexo coma o buxo. O tempo dirá se son merecedores das posicións que ocupan. Por tras non perden a esperanza e son teimudos coma carneiros.

A temperatura mínima acadóuse no cabo final da madrugada con 1º C. que xa non subiría de 5º no mediodía a pesares de quedar a 6 centésimas de grado no lusco e fusco, mantendo unha amplitude térmica baixa. A presenza da chuvia era pouco probable pero manifestóuse nun resultado de 1 litro redondeado. O vento marcou un refacho máximo de 75 km/h., por riba do promedio agardado.

Deste xeito Kaltxon acada a súa 5ª vitoria nesta edición, con 3 delas en soidade. Ten 15 puntos sobre o segundo clasificado e 31 sobre o 5º, polo que se lle agotan os inimigos que lle poidan facer frente. 58 puntos, deixando tan só 1 na chuvia e outro no refacho, mallando as temperaturas nun trunfo de altura. Dominou o outono e semella facer o mesmo no inverno. Só lle queda a época pre-primaveral chuviosa (ou non…) para levantar un título que xa lle escapou unha vez e seica non o esqueceu. De momento, un todoterreo sen avería que camiña cara o éxito. Ainda que non se pode cantar vitoria, xa está tarareando…

Unha migalla por tras, con 57 puntos, os acompañantes no podiodo líder, Julio e Beocha. Pouco deixaron atrás nos parámetros seguendo a estela de líder. Julio segue 2º con Beocha 2 puntos menos de seguido. Dende ela ata o 4º clasificado, Rei Botikas, cubre unha vantaxe de 7 puntos. Coa mesma puntuación atopamos a Verducido na 6ª praza da xeral, que tenta aproveitar o inferno polo que semella pasar Landrán. Dende a súa vitoria en Ventosa, ocupando o 2º posto da xeral, fai disto 4 etapas, perdeu 24 puntos!! co líder Kaltxon. Atragoóuselle o inverno e Verducido cheira o sangue do corzo ferido e o Top-5 que o acompaña.

56 puntos para Mina, á que lle senta mal a friaxe e leva un inverno compricado, pero en Ancares recuperou o alento para ocupar a 15ª praxa da xeral, moi pretiño do grupo que tenta asaltar o Top-10 da xeral, que no seu grupo final decepcionou en Ancares. Nin Rasta, nin Rasdgar, nin Xowi nin Breogán77 tiveron o día, pero por tras a manda de lob@s medra e achégase. Mina aproveitou para pechar buratos.

55 puntos para Lume, outra integrante da manda lobeira após do Top-10. E nos derradeiros tempos, a máis en forma do grupo. A 2 pasos e 5 puntos de acadalo, cunha remontada invernal digna de mención. Ten a Breogán77 a 1 punto e diante del a outro xogador en caida libre, Xowi, que seica é de clima morno.

Finalmente, con 54 puntos atopamos ó 4º clasificado, Botikas, que perdeu puntos importantes en Ancares, ainda que segue na caza do podio. Marius deixou atrás a Rasta, pero queda en terra de ninguén ó perder puntos con Verducido. Deberá concentrarse en topar obxectivos de loita. E outro da manda lobeira tras o Top-10, Popolo, comparte a puntuación. Loitaba en semi soidade e agora a dilixencia está petada de facineros@s con sede de sangue e alboroto. Quizáis sexa un aliciente para el…

Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de gran altitude , na cordilleira dos Ancares. Para acadar tódolos datos recollidos na 17ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Nada novo baixo a neve Ler máis »

Nos cumios lucenses

Despóis dun periplo polas zonas altas de ourense trocamos de provincia para achegarnos ata as montañas lucenses, nesta ocasión facendo parada e fonda nos Ancares, con estación do mesmo nome no concello de Cervantes. Semella que as temperaturas teñen tónica ascendente tras as chuvias, que se agardan febles ou inexistentes, con ventos de intensidade media tirando a alta. A emoción segue máxima cando imos entrar no tercio final de competición onde voltarán as etapas atlánticas con tendencia húmida. Pero de momento ainda estamos nas serras…

As apostas en temperatura máxima están abertas coma sempre, indo dende os 4 ata os 15º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 6º C., complementada cunha aposta excéntrica de 10º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 3 litros, con minoría para os marcadores secos. Mentras. os refachos de vento van dende os 22 ata os 82 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Nos cumios lucenses Ler máis »