O xuízo final

Derradeira xornada da tempada 2024/25 de eltiempoentuojete. Este domingo decidiráse a última competición, a Ojete’s Cup en Pakistán. E, sacando algúns enfrontamentos onde os competidores non se puxeron de acordo, as apostas son moi semellantes, polo que agardamos unha grande rivalidade por achegarse ó mellor que se pode mellorar nestaxornada final.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 28 ata os 34º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 22 e os 25º C., estas cunha pequena oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 15 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 10 ata os 31 km/h.

As diferenzas no enfrontamento pola vitoria final entre Botikas e Kaltxon son insignificantes. Semella que será apenas un punto o que os separe. Incluso no caso de empate, os refachos son moi semellantes.

O mesmo caso pola medalla de bronce, con Compoñente Sur e Julio separados pola aposta en chuvia.

Máis contraste atopamos pola loita polo 5º posto, con variedade nas apostas de Bar Pequeno e Verducido.

Pouca disparidade tamén nas cifras de Beocha e Marius pola 7ª praza.

Na final B sí atopamos incompatibilidade entre Sarabia e Breogán77, sobre todo na aposta sobre chuvia.

No enfrontamento entre Denodeno e Popolo as diferenzas están na chuvia, co resto de parámetros moi similares.

No mesmo caso atopamos a loita pola praza 13 entre Landrán e Rasta.

E tamén a auga será xuíz e verdugo na batalla por evitar a vergoña entre Víbora e Xowi.

Semella compricado de predicir vencedores con estas variadas diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

As apostas:

O xuízo final Ler máis »

Resultados baixo sospeita

Despóis do desenrolo da 3ª rolda de competición da X Ojete’s Cup en Pakistán e tendo a derradeira xornada coma definitiva, temos algunhas dúbidas que pasamos a desenvolver. Os datos de chuvia e vento que ofertamos dirante o domingo na etapa ao vivo foron sustituidos no computo final pola axencia meteorolóxica FAWS de Pakistán. Pedimos desculpas por elo ainda que foron contas baseadas no que estaba a acontecer en directo. O primeiro dato de vento rexistrado ás 00:10 da etapa “semellaba” de 9 nós, por iso durante todo o día foi o reflictido na táboa de clasificación. A rebaixa a menos da metade foi unha corrección da axencia pakistaní nos resultados finais. Do mesmo xeito, nós contamos 1.5 litros na madrugada e 4.8 litros despóis das 19 horas para un total de 6.3 litros, que foi o amosado ata o remate do día. A axencia mostra 2 resultados distintos para a mesma hora, as 00:10. A primeira é a que tedes nos resultados de Malam Jabba. Na segunda amosábase 13.4 litros, totalmente irreal xa que tomamos os datos do día anterior (269 litros) e os datos do día seguinte (274 litros) que contradecían os 13 do total e os 6 amosados pola organización, dando a razón (sospeitosa) á axencia pakistaní. En calquera caso, os datos que temos son estes e non podemos contradecilos máis que con suposicións. Realmente nós cremos nos datos amosados (6 litros e 9 nós) pero non temos como corrixir os da axencia provedora dos datos.

Deste desaguisado obtemos un vencedor en soidade, Verducido, con 55 puntos, mallando a chuvia e perdendo 3 puntos nas temperaturas e 2 no refacho. Por tras, Breogán77 con 54 puntos, Sarabia, Beocha e Kaltxon con 53 puntos e Botikas con 52 puntos.

Botikas gañou a súa semifinal contra Julio coa marxe que lle deu a puntería na temperatura. Enfrontarase a Kaltxón, que venceu con solvencia a Compoñente Sur superandoó na chuvia e no vento. Final entre Botikas-Kaltxon e loita por medalla de bronce entre Compoñente Sur e Julio.

Na loita polo 5º posto teremos a Verducido e Bar Pequeno. Ambos derrotaron por 2 puntos de diferenza a Beocha e Marius, que buscarán a 7ª praza final.

A final B, que conta da 9ª praza, enfrontará a Breogán77 con Sarabia, vencedores sobre Denodeno e Popolo respectivamente, que estarán na batalla polo 11º posto.

Pola 13ª praza e segunda vitoria atopamos a Rasta e Landrán, que se desfixeron de Víbora e Xowi, este último perdeu no desempate por pior coeficiente de vento. Víbora e Xowi librarán un combate fraticida para non despedir a tempada sen vitoria na Ojete’s Cup. Somentes un xogador gañará todas as confrontacións e somentes un non acadará nengunha vitoria.

Esta foi unha aproximación o acontecido en Malam Jabba e á xornada final que decidirá a posición definitiva no torneo de emparexamentos. Para acadar toda a información detallada, pica no enlace que ofertamos baixo este texto.

Resultados baixo sospeita Ler máis »

Penúltima da tempada

Malam Jabba é a penúltima etapa da X Ojete’s Cup e máis da tempada. Para algúns, sobre todo os que gañaron na primeira cita, trátase de atopar a mellor posición. En xogo o pase á final, a loita polo 3º posto, polo 5º e por non rematar 8º. Pola outra banda do cadro, acadar a final B, gañar o máximo posible de enfrontamentos e evitar non gañar ningún, importante para o orgullo persoal. Que na derradeira xornada xa teñas feito a maioría do choio, ter a eliminatoria con mellor premio posible ou non pelexar por ser o único sen vitorias e o obxectivo claro nesta fin de semana.

As apostas en temperatura máxima están moi abertas e van dende os 16 ata os 32º C., sendo o groso de apostas entre os 24 e os 20º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 8 e os 23º C., estas tamén cunha grande oscilación. As precipitacións móvense nun rango de amplitude de entre 0 e 15 litros, mentras que os refachos de vento van dende os 7 ata os 28 km/h.

Semella compricado de predicir un vencedor con estas grandes diferenzas e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 21:30 horas do domingo. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 10:30 da noitiña do sábado, debido ás diferencias horarias co país asiático.

A destacar, as loitas de semifinais entre Botikas-Julio e Compoñente Sur-Kaltxon, pola 5ª praza entre Verducido-Beocha e Bar Pequeno-Marius. Tamén as que van definir a final B, con Breogán77-Denodeno e Sarabia-Popolo. E por evitar derrotas temos a Víbora-Rasta e Xowi-Landrán.

Penúltima da tempada Ler máis »