O ceo da Liga

A 1758 metros de altitude se atopa a estación meteorolóxica en xogo esta semana. O cumio da Liga da Inverneira. Cabeza de Manzaneda foi esquecida despóis de anos de contínuos faios sobre todo no seu anemómetro, e, por ser esta unha edición especial, recuperada para a competición especial 500. Pero semella que segue coa súa teima de traballar de forma inconstante, repetindo erros do pasado. Agardamos que este domingo faga unha excepción e nos de unha xornada sen reproches e que poidamos rematala sen arrepentirnos de seleccionala.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os -1 ata os 8º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e os 0º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro pouco discutido, con valores dende os 0 ata os 2, con somentes 3 marcadores activos. Mentras. os refachos de vento van dende os 12 ata os 75 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto con apostantes botando o resto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

O ceo da Liga Ler máis »

Seguimos en Cabeza

Seica o toque dado a Meteogalicia nestes días fixo que aparentemente o anemómetro da estación de Cabeza de Manzaneda traballe coma debe facelo. Por iso imos continuar xogando nesa ubicación para este domingo na 15ª etapa da Liga da Inverneira. Iso sí, o dato deberá estar validado coma “Dato orixinal válido” (1) pola propia Meteogalicia. No caso de ser marcado coma “Erróneo” (3), “Sospeitoso” (2), “Sen validar” (‘0), “Interpolado” (5) ou “Non rexistrado” (9), collerase o dato de Vento maior do día do “Velocidade do vento a 10 m. , no caso de ser “Dato orixinal válido”. No caso de non estar sinalado coma “1” na lenda de validación, anularemos o parámetro do vento segundo a normativa.

Por iso, compre que teñades en conta estas prerrogativas na hora da vosa aposta. Se pensades que vai traballar ben o refacho, ou teremos que contar co vento a 10 metros. Ninguén o sabe (penso que nin sequera Meteogalicia”, polo que estamos tod@s nas mesmas condicións.

Avisados quedamos das disposicións. Calquera dúbida, dirixídevos a nós no enderezo electrónico habitual eltiempoentuojet@gmail.com

Saúde e boas festas!!

Seguimos en Cabeza Ler máis »

Aplicación do Regulamento

Clic para ampliar

Se vos estades a preguntar por qué nos datos finais da 14ª etapa da Liga da Inverneira, desputada na Serra do Eixo, non aparecen os resultados do refacho de vento, a resposta está na gráfica que se amosa enriba deste texto. O anemómetro deixou de traballar cara as 11:20 da mañanciña e xa non recuperou o sentido. Problema: somentes amosou datos durante unha porcentaxe inferior ó 50% da xornada. O Regulamento establece que calquera dos aparellos que miden os parámetros de puntuación deben amosar datos cun mínimo do 75% da xornada. Iso son 18 das 24 horas do día de xogo. O anemómetro non chegou a completar nin 12 horas polo que nos vemos na obriga de anular o parámetro en cuestión. Sentimos as molestias ocasionadas e non dubidedes que o poremos en coñecemento de Meteogalicia. Isto vai en consonancia coa estación desta semana, en Cabeza de Manzaneda, a que sería etapa raíña. A estas horas está marcando un refacho máximo de 203 km/h., o que resulta irreal. Por algo deixamos de xogar nesta estación. Seguirémola día a día para comprobar se é preciso trocala. Antes de xoves teremos un veredicto definitivo, polo que vos pedimos que esteades atentos ante calqueira notificación do caso.

A temperatura mínima acadóuse na madrugada con -3º C. e xa non subíu de en toda a xornada.. A presenza da neve era probable, como rezaba o título da previa, pero nin asomou, coa precipitación collendo dirección norte no centro da provincia e deixando a case tod@s co frío no corpo e 0 litros, conteo final. O vento marcou un refacho máximo de 38 km/h. antes de ser anulado.

Con estes marcadores tolleitos proclamamos vencedores con 37 puntos a Kalandrakas e Breogán77, propulsados por unhas apostas preto da seca e tamén beneficiados pola anulación do parámetro do refacho. Breogán77, coa 2ª vitoria nesta edición, achégase a zona da loita por acadar o Top-10 e Kalandrakas, coa 1ª vitoria, chimpa ata o derradeiro posto do Top-20.

E ata os 34 puntos temos que baixar para atopar a 2ª tanda de puntuacións, onde atopamos ó líder Kaltxon, que aumenta ainda máis a vantaxe sobre os persecutores ainda que Julio, que empata con Landrán no 2º posto, pero con mellor coeficiente de vitorias, suma a mesma puntuación. Mesma puntuación para Sarabia e Michi, na 19ª e 21ª posición respectivamente. Tamén Cris, que tiña a vitoria na man ata a anulación do refacho. Perdoa por arruinarte a 1ª vitoria de novata.

33 puntos para Enrico Ferni, que segue a destacar, outros tantos para Marius, que se coloca 7º despóis do descalabro de Modesto e para Popolo, paso a paso, achegándose ó Top-10. Sen esquecer a Denodeno no posto 22 e Víbora no 18º.

Estes foron os 12 competidores mellor situados nesta etapa tolleita de Serra do Eixo. Para acadar tódolos datos recollidos na 14ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Aplicación do Regulamento Ler máis »

As primeiras folerpas

Chega o tempo da neve ás zonas de montaña do país e en eltiempoentuojete temos ocasión de estar alerta ó que aconteza nesta 14ª xornada da Liga da Inverneira. Esta é a etapa que fai de gozo na metade do viaxe a través da xeografía galega na busca do mellor meteorólogo amateur do ano. A Serra do Eixo ten parada e fonda obrigatoria para a tropa de meteoludópatas na procura de quentura. Benvid@s a unha das 3 estacións meteorolóxicas do concello de A Veiga.

As apostas en temperatura máxima están abertas, indo dende os 0 ata os 11º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -4 e os 8º C., estas de novo con oscilacións medias, máis esa aposta polo quente. A precipitación é un moi parámetro discutido, con valores dende os 0 ata os 16, con marxe para a xeral. Mentras. os refachos de vento van dende os 14 ata os 80 km/h., sendo un parámetro tamén moi aberto con apostantes botando o resto, coma Modesto.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

As primeiras folerpas Ler máis »