Cebreiro feiticeiro

Etapa para recordar a desputada este domingo no alto do Cebreiro, onde moitas espectativas foron ó carallo e outras tantas déronse por satisfeitas. Ilusións gañadas e perdidas por igual que non deixaron xogadores indiferentes, pero sí con gañas de seguir na lea ou de buscar revancha. Grande etapa dende o comezo, con temperaturas cativas ainda que en positivo, un refacho miserento para o campo de xogo e o agardado polas axencias e unha chuvia piollenta ó principio que aumentou de intensidade conforme pasaba o tempo e nos achegábamos ó remate.

A temperatura mínima acadóuse no abrente da madrugada con 1º C. que xa non subiría de , con dificultade, en todo o día. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente acadou un resultado de 22 litros. O vento marcou un refacho máximo de 32 km/h., lonxe do que apostaba a elite da xeral.

A contas feitas, a vencedora con 52 puntos foi Mina, que se converte na competidora con máis vitorias en soidade, nada menos que 25. Andivo acertada en tódolos parámetros agás no refacho, onde deixou 5 puntos atrás e que non foron moitos vendo os resultados do resto. Deste xeito convértese na lideresa do grupo que aspira ó Top-10, dende o posto 11º e a só 2 puntos do 10º. Xornada redonda para ela no Cebreiro, onde xa gañara en soidade fai nada menos que 10 anos!!

Co segundo mellor marcador do día, Rasta, con 51 puntos e que recupera a praza entre os 10 mellores da xeral, agora no 9º posto, voltando á corredoira que leva ó éxito nun escenario perfeto. Foi, xunto a Modesto, dos que mallaron a cantidade de chuvia e queda empatado no 8º posto pero con menor coeficiente de vitorias que Xowi.

Con 50 puntos temos a M.B. Joaquín, que semella incrible que deixara 6 puntos nas temperaturas e somentes 4 no vento e na chuvia. Circula no posto 24 en terra de ninguén, sen ameazas nin obxectivos. Mesma puntuación para Cris, a mellor situada entre os morróns e que ultimamente acostúmase a estar no resumo dos mellores. Posto 17 para ela e buscando ó grupo de acceso ó Top-10.

49 puntos para Popolo e Sarabia, con diferenza dun só punto na xeral, outros dos que buscan atopar sitio entre os 10 mellores. Agora están no posto 13 e 14 respectivamente e Sarabia semella en racha.

Sumando 48 puntos, Michi e Modesto con boa actividade na chuvia. Michi entra no Top-20 mentras que Modesto mantén o Top-10 ainda que perdendo unha posición.

No Top-5, Kaltxon aumenta a vantaxe sobre Beocha no 2º lugar, que a súa vez aumenta distancias sobre Botikas no 3º, achuchado por Julio que lle papou 3 puntos e aumentou en 2 a vantaxe sobre Verducido, que ve coma os seus persecutores reducen distancias a falta da derradeira por riba dos 900 metros de altitude, en Lardeira.

Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de grande emoción na loita, na cima do Cebreiro. Para acadar tódolos datos recollidos na 20ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Cebreiro feiticeiro Ler máis »

Esgotando o inverno

20ª xornada da Liga da Inverneira a desputar este domingo no concello de Pedrafita do Cebreiro, na súa estación meteorolóxica de O Cebreiro. Un novo frente enviado por Kristin volverá traer chuvia e vento despóis dun sábado relativamente tranquilo. Semella que voltaremos ter unha xornada movida cando xa estamos a rematar a xeira de etapas montañosas. Quizáis viviremos outra etapa con trocos na xeral.

As apostas en temperatura máxima están pechadas, indo dende os 5 ata os 9º C. Os valores para as mínimas oscilan entre -1 e os 3º C., estas de novo con oscilacións baixas. A precipitación é un moi parámetro moi discutido, con valores dende os 6 ata os 23 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 26 ata os 75 km/h., sendo un parámetro moi aberto tamén.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Esgotando o inverno Ler máis »

Lide na Devesa da Rogueira

Esta 19ª xornada da Liga da Inverneira podémola situar entre a elite das desputadas nesta edición. Tivo tódolos ingredientes dunha gran etapa. Emoción, trocos de gañador, mudas nas temperaturas, na cantidade de chuvia e no refacho. E todo isto matizado con importantes trocos na clasificación xeral que poden ser decisivos, senón no liderato, sí noutras posicións estratéxicas da táboa. Moita leña tronzada este domingo en O Courel.

A temperatura mínima acadóuse no cabo final da madrugada con 3º C. que xa non subiría de , con dificultade, na sobremesa. A presenza da chuvia era moi probable e paseniñamente acadou un resultado de 21 litros. O vento marcou un refacho máximo de 68 km/h., non moi lonxe do que apostaba a elite da xeral.

Con estes resultados aclamamos a Sarabia coma vencedora en soidade no Courel. Mallando a temperatura, sendo das mellores na pluviometría e perdendo somentes 1 punto no refacho para un total de 55 puntazos, que a mete de cheo na loita polo Top-10, máis apertado que nunca á falta de 8 datas para o remate. Ademáis, acada a súa 2ª vitoria consecutiva, 3ª nesta edición. Semellan espertar os cacháns da Liga cando sonan as campás.

Con 54 puntos sumados aparece Michi, alonxado polo momento das loitas da mesa dos maiores pero que podería dar o gran salto se continúa como no Courel. Tolemias meirandes temos visto deste paisano.

Marcando 53 puntos está Modesto, que volta o Top-10 pola porta sen dintel, recuperándose da penalización por retrasado e buscando o canadiano que o precede no 8º posto. Mesmos puntos para Verducido, que supera a Landrán noutra etapa para esquecer (e xa son moitas seguidas) e achegándose sixilosamente ó agora 4º clasificado, Julio, que facía moito que non tiña unha xornada penosa coma esta e ve perigar o podio que ocupaba dende moitas etapas atrás.

E con 52 puntos, o novo ocupante do podio é un vello coñecido. Botikas recupera folgos para ameazar @s primeir@s da xeral. Non hai quen soterre a este tipo e poñerse a tremer é normal. Tamén Mina suma os mesmos puntos e dende o 13º lugar xa está a tiro de pedra do Top-10. Outra que medra cando vai rematando o leite. Igual resultado para Cris, morrona de 1º ano que aperta para entrar no grupo que da acceso a ese Top-10 tan caro nesta edición. 19º posto para ela.

Dende alí chimpamos ata os 50 puntos de Víbora, outro dos ocupantes do tan repetido grupo de acceso ó Top-10, cheo de vellas glorias e mestres novos que buscan recoñecemento. Víbora sabe o que é gañar a Liga da Inverneira e o Top-10 para el semella un acordo de mínimo existencial.

Como podemos ver, somentes 3 ocupantes do Top-10 están neste resumo, polo que podemos falar de media escabechina, coa loita polo podio nun momento álxido, sen falar da loita polo Top-10, con 9 competidores nunha marxe de 10 puntos, dende o 9º posto ata o 17º. Ainda con xente decepcionada, este é o tipo de etapa que se agarda en eltiempoentuojete. Podes estar afundido na xeral e ter o día de cara, levar unha vitoria ou un bó resultado e pasar a buscar metas maiores, revancha ou, ainda que sexa, meterlle presión a ese persoaxe a quen llas tes xuradas dende quén sabe que etapa. Loita ata o derradeiro folgo!!

Estes foron os 8 competidores mellor puntuad@s nesta etapa de gran calidade na batalla, nas devesas do Courel. Para acadar tódolos datos recollidos na 19ª etapa da XII Liga da Inverneira pica na ligazón baixo este texto.

Lide na Devesa da Rogueira Ler máis »

Posibilidade de trocos

A 19ª xornada da Liga da Inverneira vai cara o sureste de Lugo, nun dos parques naturais máis belos da xeografía galega. O Courel é unha das zonas máis chuviosas da provincia e pode dar xogo nesta edición da competición. E a tenor das apostas realizadas semella que haberá trocos, ainda non se sabe se grandes ou pequenos na configuración das posicións actuais. A efectos das prediccións oficiais vai ser unha xornada de frio moderado, con chuvia en calquera dos casos e con ventos medios fortes, o que fai que haxa unha mistura de incógnitas moi ampla. Veremos se vai ser tan atrapallada como aparenta…

As apostas en temperatura máxima están pechadas, indo dende os 4 ata os 8º C. cunha aposta cara arriba nos 13º C. Os valores para as mínimas oscilan entre 0 e os 5º C., estas de novo con oscilacións medias. A precipitación é un moi parámetro moi discutido, con valores dende os 0 ata os 25 litros. Mentras. os refachos de vento van dende os 33 ata os 87km/h., sendo un parámetro moi aberto tamén.

Semella compricado predicir vencedores con estas diferenzas en case tódolos parámetros e haberá que agardar ata o derradeiro minuto da xornada, cara as 01:30 horas do luns. Non deixes de seguir a xornada ao vivo dende este enlace a partires das 01:30 da madrugada do domingo, o levar Meteogalicia 1 horas de retraso no aporte de datos.

As apostas:

Posibilidade de trocos Ler máis »