IX Liga de Primaveira. Ontario (Canadá)

Comezamos coa nosa Liga máis senlleira, a pioneira da meteoroloxía amateur. A IX edición da Liga de Primaveira en Ontarioestá preparada e busca un campión.

A edición 2022 consta de 10 xornadas ó longo da xeografía da provincia de Ontario, con inicio en Thunder Bay e final en Welland-Pelham.

O inicio da competición está datado para o 10 de abril e o remate será o 12 de xuño.

O noso provedor de datos vai ser o MSCMeteorological Service of Canada. Podes consultar tódolos datos na sua web, ainda que nós proporcionaremos os enlaces precisos para poder seguir o desenrolo da xornada ao vivo. As estacións do MSC actualizan os datos cada hora, o que fai máis dinámico o xogo. Ante calqueira faio avisaremos o antes posible e tentaremos trocar as estacións que non produzan os datos necesarios.

O horario de apostas segue a ser o mesmo. Aposta antes das 24:00 horas do venres e etapa ao vivo no domingo. O periodo de xogo vai dende as 0:00 horas do domingo ata as 23:59 do mesmo día.

As penalizacións seguen vixentes para @s retrasad@s que aposten despóis do horario previsto. Durante as primeiras 3 xornadas perdoaremos a quen aposte antes da 01:00 horas, sempre que non o faga por 2ª vez. Ou sexa, podes chegar tarde uha vez, nas 3 primeiras xornadas, pero sempre antes da 01:00 horas. Este periodo está feito para adaptar o horario á xente olvidadiza e con retardo.

Despóis da 3ª data as penalizacións serán implacables con calqueira que sobrepase o tempo límite de aposta.

No caso de dúbidas ou comunicacións de calqueira tipo, podes enviar un mail a eltiempoentuojete@gmail.com ou dende o Formulario de contacto Fala con nós! na páxina principal do blog. (na dereita nos PC’s e embaixo nos teléfonos)